La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

Categoría: Educación

14 Septiembre 2010

...e a constancia segue a primar sobre a validez

Fai uns días, ao abrir o xornal, case pego un berro de alegría ao ler a nova de que a Consellería de Educación mudaba o criterio para nomear ao persoal interino na docencia.

Hoxe volve a decepción...

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/09/14/0003_8724502.htm

Sempre mantiven a opinión de que no referente a unha oposición, o que debe contar é a validez dunha persoa que demostre nas probas que hai que pasar (que non son para nada fáciles nas oposicións de educación) que está capacitado para facer o traballo, e non só iso, senón que é mellor que os demais candidatos.

Por desgraza, entran no xogo os "méritos", que hoxe en día non só teñen en conta o tempo traballado na Administración , senón que suman os puntos acadados por facer cursos que agora ofertan os sindicatos a uns prezos que provocan desmaios a mais de un...

¿Non se pode dicir que aqueles que reclaman igualdade no acceso aos empregos, como son os sindicalistas, están a provocar unha nova discriminación entre aqueles que poden costearse os cursos e os que non poden?

¿Non é mais racional eliminar os méritos e facer oposicións sen concurso para que os mestres e profesores sexan os mellores o non os mais constantes que ven premiada a súa teima e non a súa validez coma docentes?

Está claro que aínda queda moito por facer no mundo da Educación, e o cambio de mentalidade dos políticos e dos sindicatos é clave para conseguir unha mellora na formación dos nosos fillos.

Tags: educacion

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

14 Junio 2008

Ante o descontento dos pais, a Xunta amenaza

A Xunta de Galicia sae hoxe amenazando aos pais dos nenos que, libremente, decidiron obxectar a asignatura de Educación para a Cidadanía, por estar en desacordo con que o Estado tome parte na Educación en valores dos rapaces, ámbito ata o de agora, totalmente privado de cada fogar.

Así pois, aqueles rapaces que non a cursen, quedarán suspendidos en dita asignatura. É dicir, ou déixaste domesticar pola esquerda, ou suspendes.

Está ben a cousa, ante as protestas pola suba dos carburantes, cargas policiais. Ante as protestas de non deixarse adoctrinar nas aulas, amenazas.

Aquí temos a democracia que os Socialistas din defender: Submisión e pensamento único.

Tags: educacion

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

13 Junio 2008

Segue a controversia sobre a Educazión para a Zidadanía

Aínda poñería máis Zetas se houbera a posibilidade de facelo, xa que esta asignatura, problemática dende o seu desafortunado nacemento, non é máis que un intento de deixar a impronta de ZP nas mentes dos rapaces.

O próximo curso comeza a impartirse na ESO e mais no Bacharelato, deixando aberta unha porta aos profesores para influir na formación moral dos seus alumnos.

Eu pensaba que esa parte da educación había que atendela no núcleo familiar, de modo que o Estado non tiña influencia algunha sobra a formación en valores dos individuos, pero xa vexo que a cousa está mudando cos socialistas. Agora o importante non vai ser darlle oportunidades aos cidadáns, senón darlle oportunidades ao Estado para manipulalos.

Agardemos que estes pais que se opoñen a que os seus fillos acudan a dita asignatura, teñan éxito coa iniciativa da obxeción de conciencia e se sumen moitos máis.

Tags: educacion

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

12 Junio 2008

O BNG preocúpase polo idioma mentres o fracaso escolar aumenta

Resulta incrible a delirante obsesión que sente o BNG polo idioma galego. Ao mellor trátase dunha especie de crise provocada polos cambios bruscos do clima... Agora pretenden que o galego ocupe o lugar preferente e o castelán quede relegado a segunda división.

É moi curioso cómo están aplicando en Galicia as mesmas políticas lingüísticas que tanto criticaban, coas que priman un idioma rexeitando o outro, transformando unha riqueza nun empobrecemento con só unha intención similar.

E, mentres tanto, Galicia ten un fracaso escolar dun 24%. Se un de cada catro alumnos abandona a ensinanza tra-lo remate do período obrigatorio, suponse que un goberno responsable terá que tomar medidas serias que atallen o problema, non preocuparse día a noite de impoñer o galego a toda costa deixando no esquecemento cuestións tan importantes para o futuro da nosa sociedade coma este.

Tags: educacion

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

10 Junio 2008

Dimiten 4 dos 7 membros do grupo de traballo de Filosofía da selectividade

As protestas do profesorado de Filosofía de Bacharelato non se están facendo agardar. Nunha suma ás accións que se están levando a cabo na Facultade de Filosofía, decidiron dimitir máis da metade dos docentes do grupo de traballo da selectividade, como medida de presión para que non se faga efectivo o decreto que condena a esta asignatura a segunda división.

Dito decreto da LOE, reduce o horario de Filosofía de tres horas semanais que ata o de agora tiña, a dúas, ademais de eliminar varias materias optativas pertencentes ao Departamento de Filosofía.

Volvemos ao de sempre, a conveniencia do Goberno de formar cidadáns que pensen o mínimo, facendo todo o posible porque sexan súbditos sumisos de ZP, aquel que se erixe coma defensor da liberdade e da educación para todos en igualdade. Educación que ao Partido Socialista lle convén, claro está, unha educación chea de manipulacións e estratexia para transformar o campo eduacional nun feudo seu, que moldee aos rapaces á súa imaxe e semellanza (coma se fose un exemplo, vaia).

Tags: educacion

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

13 Mayo 2008

O informe PISA vai ter razón, o noso Presidente é o exemplo

Se o Informe PISA di que España está á cola na Educación, será certo, porque a pesares de que todos sabemos que fai falla introducir máis os idiomas no currículo escolar, o noso Presidente preferiu a Educación para a Zidadanía. E que él fala en español...

Tags: videos

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

13 Abril 2008

Vellas glorias repiten coma Ministros

Zapatero xa presentou ós novos ministros que xurarán o seu cargo mañá. Por certo, ¿Cómo se sentirá despois de que ningún grupo político ademais do seu propio lle dese o seu apoio na primeira nin na segunda volta da investidura?...

Entre eles, repite Magdalena Álvarez coma Ministra de Fomento. Dende logo, que repita esta señora para Galicia é unha burla. Unha Ministra que foi reprobada e que o seu maior logro mediático foron os socavóns provocados polas obras do AVE, que na nosa terra tardaremos moitos anos en ver chegar (o AVE, non os socavóns, aínda que nunca se sabe)...

Ben parece que ZP é demasiado soberbio para aceptar unha crítica xeralizada como a que esta Ministra provocou, e os españois temos que tragar con ela de novo.

Ó frente de educación volve estar Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo, cun "éxito" mais que cuestionable na súa anterior etapa coma Ministra: a LOE. Unha lei que, mais que arranxar o pésimo estado no que se atopa a Educación en España, remata de afundila.

Só son dous exemplos do que nos agarda durante 4 anos mais. Aínda que, cun pouco de sorte, haberá cambios no Goberno antes de que remate a lexislatura...

Tags: politica

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

1 Abril 2008

1 hora menos de Filosofía e de Música á semana en Bacharelato

Está claro que cós socialistas no poder as cousas van de mal en peor.

Non contentos con impoñer o galego, primeiro nos colexios, nos institutos, e agora nas oposicións, van máis aló.

Non lles basta con que os mozos e mozas falen o galego-portugués que se ensina hoxe, senón que ademáis queren que o fagan sen facerse demasiadas preguntas e sen pensar moito, non vaia a ser que o fagan na súa contra.

Por este motivo, con ánimo de converter ós estudantes de hoxe en borregos e borregas fáciles de manexar e de convencer do que a eles lles interesa, reduciron unha hora á semana a única asignatura que che ensina a pensar e a non aceptar como único aquilo que nos presentan ante os ollos.

Lamentablemente, estase a devaluar esta asignatura levándoa á súa equiparación coa Educación para a Cidadanía, materia socialista e totalmente política que pretende imprimir dende pequenos a aversión ó PP nos rapaces.

Agardemos polo ben dos nenos, que os socialistas recapaciten e utilicen o cerebro para algo mais que para satanizar aquilo que non lles gusta, e reconsideren a importancia de impartir Filosofía ós rapaces.

Mais Filosofía e menos adoctrinamento político nas escolas, señores.

Tags: educacion

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera