La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

Categoría: Medio Ambiente

4 Junio 2010

O berro de Chapela chega ao Facebook

Os veciños de Chapela puxeron en circulación pola rede social FACEBOOK un grupo ao que chamaron "unidos pola eliminación das pedras de Arealonga en Chapela", ante a situación catastrófica medioambiental que está sufrindo unha das nosas praias.

O goberno municipal só responde con evasivas e pasotismo, escudándose en que os informes dos técnicos din que hai que deixar as pedras onde están a pesares de que están ocasionando un mal na zona totalmente evitable.

Agardemos que esta iniciativa chegue a ollos dalgún concelleiro do goberno municipal e se fagan cargo das continuas demandas veciñais...

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

17 Junio 2009

O Concello presenta un proxecto para a Marisma sen contido concreto

Nun serán de calor, o Partido Socialista decide re-presentar o Proxecto da Marisma, atendendo ao pouco éxito que tivo a vez anterior.

O día préstase para ir á praia, pero algúns achegados e militantes do puño e da rosa deciden aproveitar a merendola que posteriormente brinda o Concello facendo bo uso das arcas públicas, a ver se así Redondela se anima mais a escoitar unha nova proposta valeira dun goberno que mingua á mesma velocidade que a transparencia dos ríos que din que queren rexenerar.

Nun intento deseperado por buscar un proxecto estrela que lles dea o vindeiro mandato na nosa vila, o Partido Socialista presenta onte toda unha declaración de intencións que non vai mai aló. Nos presupostos contemplan partidas aínda para o 2010 e 2011, ao tempo que o Alcalde, sen poñerse colorado, dinos que esta obra rematará en decembro do 2010.

Veremos cómo se desenrolan as cousas, e tratándose dun proxecto bo para Redondela, agardemos que efectivamente o cumpran, aínda que, co que vimos onte, dubido que así sexa...

Tags: redondela

servido por lauraalonso 6 comentarios compártelo

30 Agosto 2008

Os escombros acumúlanse na Portela...

Parece mintira, pero o certo é que neste Concello a basura atópase en mais lugares dos que aos seus habitantes lles gustaría.

Certos recunchos deste pobo, comezan a parecerse á portada do disco que xa mais de un lle regalou a ZP titulado "Crisis, what crisis?", na que un home atópase nun vertedeiro de basura plácidamente tumbado nunha amaca a modo de veraneo na praia. Porque se un da unha volta pola zona da Portela, descubre agradables montóns de escombros como os da fotografía. Ben parece que ao goberno local gústalle algo mais que botar á xente dos Plenos, e non se conforma con ensuciar a imaxe da democracia redondelana, senón que vai mais aló permitindo que o pobo estea no estado no que está.

Nótase que non saen moito dos despachos os señores que mandan aquí, porque se o fixeran, descubrirían que hai basura ata onde non debería habela.

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

12 Julio 2008

Na procura dun contenedor mais pequeno


Nuha zona de Rande estase a producir a "acumulación de residuos domésticos no lugar no que hai case un mes existía un contenedor de lixo de 2.400 litros que se recollía cun moderno camión de caga lateral. Parece ser que o contenedor que existía a carón do trasformador de Fenosa situado na N-552 enfrente da entrada acceso a Vierasa, restaba visibilidade, e polo tanto inseguridade vial, aos veciños do Bº de Rande que accedían en coche, dende o Camiño do Cristo, á N-552.

Así algúns veciños de Rande viñan movendo o contenedor meténdoo no interior do calexón que existe a carón do trasformador de Fenosa, imposibilitando que o camión de carga lateral do Servizo de Recollida do Lixo de Redondela puidera recollelo, pois os camións de carga lateral manipúlanse cun só operario, o conductor, que realiza o seu traballo dende o interior do camión, e un contenedor de lixo destas dimensións cargado de lixo é imposible movelo unha persoa sola, non puidendo colocalo nunha posición paralela ó camión, quedando polo tanto sen recoller.

Despois de que en varias ocasións Urbaser non puidera recoller o contenedor polos motivos expostos, é posible que Urbaser optara por retira-lo contenedor. Na N-552, a 50 metros do lugar, tanto en dirección a Redondela como en dirección a Vigo, existe cadanseu contenedor do lixo, pero algúns veciños e usuarios non están dispostos a levar os seus residuos domésticos tan lonxe, nin entenden ou están informados de por qué se retirou o contendedor, ou por qué non se deben mover da súa normal ubicación os contenedores, e así siguen depositando o lixo no mesmo lugar.

Algúns veciños solicitaron ó Concello a reposición dun contenedor de recollida de carga traseira de menores dimensións, de 800 litros de capacidade, como o que existía anteriormente á instauración da carga lateral no Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela (agosto 2.007)."

Agardemos que o Concello preste a atención debida a esta demanda, xa que con isto se solucionarían os impedimentos dos traballadores para recoller o lixo, e as incomodidades que ten o contenedor de maiores dimensións para os veciños da zona.

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

1 Junio 2008

A praia de Cesantes a piques de comezar o verán...

www.vigometropolitano.com

A portavoz do grupo popular en Redondela, Francisca Canal realizou unha visita a praia de Cesantes o longo de esta semana, e constatou "o mal estado en que se atopan, do que se veñen queixando mariscadores e veciños da zona". Os populares realizaron múltiples queixas, debido o precario estado dalgúns elementos presentes no areal de Cesantes, nun comunicado de prensa.

O grupo popular asegura que nesta praia a situación é "especialmente preocupante porque son moitos os perigos e desperfectos que concentra". Segundo a propia Canal o areal está cheo de "algas e basura inundan a area a estas alturas da primavera, cando o Concello debería de ter limpia a praia dende Semana Santa, que é cando empezan a chegar os primeiros turistas”.

Outra das deficiencias postas de manifesto polos populares de Redondela é a contaminación "porque no areal desemboca un tubo de desaugue que procede dun camping ubicado nas inmediacións" de forma que "as augas fecais dos campistas chegan durante o verán directamente á beira do mar".

Por último, o grupo encabezado por Canal puxo de manifesto "o mal estado do pantalán ubicado na punta da praia", xa que segundo os populares "o desgaste dos pilares que o sustentan e a deficiente suxección dos pasamáns entraña un grave perigo para os numerosos nenos que durante a temporada estival xogan nesta estructura de madeira", o que alarma a veciños e mariscadores “por medo a unha desgracia” apuntan os populares.

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

7 Mayo 2008

¿Terá San Martiño unha canteira?

No pasado pleno do 29 de abril, o Partido Popular preguntou ó Concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, pola situación na que se atopaba o proxecto da canteira que unha empresa pretendía facer na parroquia de San Martiño.

A cara de estupefacto do responsable de Medio Ambiente de Redondela era todo un poema, e recoñeceu que non tiña coñecemento de que alí se estiveran facendo calicatas. Por fin puxo os pés na terra e enterouse do que hai ó seu arredor.

Un posicionamento en contra da canteira, despois de que o proxecto estivera exposto no Concello, non está mal. Vai mellorando o señor Pazos.

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera