Acusada perda de papeis do Goberno Local
el 2 nov En: Política - sin comentarios

Nun Pleno totalmente esperpéntico, no que os insultos á Oposición xa comezan a ser unha tradición que se repite cada mes, tanto os voceiros do PSOE e BNG, coma o Alcalde, perderon por momentos os papeis no debate político que mantiveron por mor do pantalán de Cesantes e da suba de impostos e taxas que pretenden levar a cabo no Concello.
Paqui Canal propoñía unha enmenda ao escrito presentado polos mariñeiros na que dicía que Portos de Galicia, aínda sen ter responsabilidade sobre o pantalán (xa que é a Dirección Xeral de Costas do Estado a entidade que ten competencia sobre o mesmo), ofrecíase a reconstruilo, sempre e cando Costas do Estado lle dese por escrito a adscripción a esta zona costeira.
Non prosperou a enmenda, xa que sempre se buscan malas excusas cando se trata de aprobar proposicións dos populares que se consideran positivas e, claro, hai que entender que a xestión non foi deles. Debíanse sentir un pouco incompetentes por non ter feito iso eles e, por tanto, PSOE e BNG votaron en contra.
Logo diso dixo o goberno local: "Imos facer que a xuventude teña que pagar por utilizar instalacións públicas", e coa mesma... imposición de taxas polo uso do local de ensaio das antigas casas de mestres. Incrible...
Así que, entre berridos propios dos bárbaros, aos que ultimamente se asemellan algúns bastante, se aproba cos votos en contra do Partido Popular a impopular taxa.
Sempre que o Partido Socialista fai cousas no Concello que non teñen xustificación, entroques de intentar dala, adícanse a berrar e a rir coa cara roxa e enterrada entre as mans. Hai que ver o que fai a falla de argumentos para xustificar o inxustificable... está convertindo o salón de plenos nunha pista de circo.


