La Coctelera

Categoría: Política

Complexo de Fidel

Posteado por: lauraalonso el 3 oct En: Política - 1 comentario

O BNG sempre tan contradictorio. Cada día asómbranme mais, non só por esta cualidade de dicirse e descidirse, senón polo seu modus operandi.

Hoxe sae nos medios o responsable do BNG en Redondela, un tal Carlos González,  facendo unhas declaracións un tanto sorprendentes vindo de quen veñen. Aínda que iso de "responsable" é un tanto discutible, pois é vox populi que o verdadeiro responsable permenece agochado na sombra mentres que pon as súas palabras, as que verdadeiramente lle apetecía dicir o outro día no Pleno, en boca doutro.

O señor que se agocha, que todo o mundo coñece polo seu gran complexo de Fidel, di que se actúa con prepotencia e sectarismo no caso da Coral, e o ven dicir alguén que, carente de formación mais que a da propia experiencia, osa insultar sen control e co peito inflado, a outras pesoas nun foro que se supón é a máxima expresión local da democracia: O Pleno do Concello.

É curioso cómo as cousas se van poñendo no seu sitio, cómo o tempo pon a cada quen no seu lugar. Simplemente resulta noxento este xeito de entender a política que ten o BNG e o resto do goberno local, é dicir, oportunista e rastreira, que atacan a unha persoa no seu posto de traballo, e aínda pensarán que fan as cousas ben... qué pouco criterio e qué pouca ética política temos neste pobo...

compártelo Tags: redondela

A Carlos Pazos cabréalle que lle fagan control sobre a súa conducta inmoral

Posteado por: lauraalonso el 30 jul En: Política - 1 comentario

O Concelleiro de Medio Ambiente agarrouse un bo cabreo no Pleno de onte cunha pregunta que unha servidora lle fixo sobre a clase de colaboración que prestou o Grupo Municipal do BNG á marcha ciclista que Galiza Nova organizou o pasado día 18.

Non acepta o señor demócrata que lle cuestionen as súas actividades, aínda cando preste unha colaboración nelas o seu grupo municipal (os 3 concelleiros) e non o seu Partido, o BNG, como sería o normal e lóxico.

Unha colaboración que aínda hoxe descoñezo, xa que se negou a dar unha explicación, índose polos Cerros de Úbeda e berrando como se así se fose a desviar a atención do feito de que non estaba respostando á pregunta.

Debe agochar algo gordo o señor Pazos se tanto problema ten en explicar cal foi exactamente a colaboración prestada nese acto do seu Partido que él converteu nalgo vinculado ao Concello sen estalo: unha nova manipulación das institucións públicas que él disfraza con berros e unha cor vermella na cara ás veces preocupante... a ver se lle vai subir demasiado a tensión...

compártelo Tags: redondela, bng, plenos

... non son mais que rabuñadas, home...

Posteado por: lauraalonso el 30 jul En: Política - 3 comentarios

Invítovos s todos a entrar na páxina do jujel  e introducir a busca do termo "RABUÑADA"

http://www.jujel.es/

Veredes os calificativos que emprega o Concelleiro de vías e obras, Don Manuel Iglesias Carrera "Nolete" para referirse ás cuestións que atinxen á cidadanía e que él felizmente ignora porque as considera de pouca monta...

compártelo Tags: redondela, plenos

Novo uso partidista das institucións públicas por parte do BNG

Posteado por: lauraalonso el 24 jul En: Política - 1 comentario

O BNG non deixa de sorprenderme, primeiro mandan unha carta que xa publicamos aquí fai un tempo, destiñada ás asociacións de veciños na que se lle pasaba un cuestionario, carta enviada polo Concello, pero na que se suliñaba a ideoloxía nacionalista da Concelleira Ángeles Babarro. Un claro uso partidista da institución de tódolos redondelanos e redondelanas, e non só dos que manifestan a mesma ideoloxía que o BNG:

Agora, novamente, atopamos unha nova violación do que debería ser o código do bo goberno, unha nova manipulación do Bloque Nacionalista, que, como vemos na fotografía, colaboran coa súa organización xuvenil, Galiza Nova, como Grupo Municipal. Gustaríame saber cal é a colaboración exactamente dos 3 Concelleiros que ten o Grupo Municipal. ¿Só colaboran 3 persoas con esta actividade? ¿Ou é que o BNG está tan desesperado por recuperar os votos que elección tras elección está perdendo en Redondela, que agora se adica a vincular sutilmente o seu papel no Concello coa súa actividade interna de partido?

Ver para creer...

compártelo Tags: redondela, bng

O PP de Redondela solicita a modificación do proxecto da rotonda de Rande

Posteado por: lauraalonso el 23 jul En: Política - sin comentarios

O Partido Popular de Redondela presentará unha moción na vindeira sesión plenaria municipal co fin de solicitar ao Ministerio de Fomento a modificación do proxecto da toronda que se executa actualmente en Rande.

A iniciativa tómase a instancias dos veciños de Cabanas, que transmitiron a súa decepción ao comprobar que a obra non cumprirá cos obxectivos previstos. “No seu momento díxoselles que se lles garantiría un acceso seguro á N-552 e agora incúmprese a palabra dada”.

A polémica afecta ao Camiño das Pedriñas polo que máis dun cento de familias acceden ás súas vivendas. A falla de conexión deste viario coa rotonda obrígaos a realizar unha perigosa manobra de xiro, que era precisamente o que se pretendía evitar coa execución da obra. Non obstante, esta falla de conexión non se coñeceu ata que comezaron as tarefas, pois en ningún momento existiu exposición pública do proxecto ao considerarse inncesaria debido a que obra era evidente e precisa para garantir a seguridade viaria. “Creemos que unha pequena modificación do proxecto podería liquidar este problema e garantir a seguridade viaria na zona, na que se producen graves accidentes dende fai anos”.

A rotonda proxectouse despois de numerosas manifestacións veciñais pedindo unha solución á inseguridade viaria que sofre todo o barrio, prometéndolles tamén a regulación da circulación a través dun semáforo. O Partido Popular espera acadar o consenso necesario para levar adiante a súa proposta, pois considera que as promesas están para cumprirse e “o goberno municipal non pode nin debe esquecer a súa promesa de colaborar na solución deste problema que xa provocou varias mortes”.

compártelo Tags: redondela, obras

O PP redondelán denuncia a falla de planificación e despilfarro do goberno local

Posteado por: lauraalonso el 16 jul En: Política - 1 comentario

Cuadro de texto: REDONDELANas obras de humanización da rúa José Regojo estanse a talar unhas árbores para,

ilóxicamente, colocar outras no seu lugar. “Trátase dunha acción con falla de planificación e

que supón un claro despilfarro”, asegura o concelleiro popular Alberto Pazos.

Con motivo da humanización de dita rúa estanse a cortar as árbores que no seu momento se plantaran e que agora comezaban a facer a súa función. “É un sen sentido que agora substitúan estas árbores, dun tronco de máis de 30 centrímetros, por outras de 14 a 16 centímetros”, sinala Pazos. “É ilóxico que talen unhas árbores para colocar outras; unha mostra máis da falla de planificación e despilfarro deste bigoberno”, conclúe o Concelleiro. O Partido Popular de Redondela solicítalle ó goberno local que cese a súa actitude respecto das obras de humanización concelleiro.

compártelo Tags: redondela, obras

O PP de Redondela xa advertira da situación das obras do AVE que afectan ao Municipio

Posteado por: lauraalonso el 14 jul En: Política - sin comentarios

 

O Partido Popular de Redondela solicita, unha vez máis, que o Alcalde Xaime Rei e o concelleiro de Medio Ambiente Carlos Pazos deixen de mentir ós cidadáns respecto das obras do AVE realizadas no municipio. “A realidade é que este bigoberno está deixando ós veciños de Redondela nunha situación de indefensión total, atentando contra a calidade de vida de todos os afectados”, explica a presidenta do PP local Francisca Canal.

Despois de que Emilio González Iglesias, concelleiro de Urbanismo, dixera fai uns días nunha comisión de seguimento que os veciños estaban moi satisfeitos coas xestións levadas a cabo, agora Xaime Rei di que “lle parece ben” a denuncia no xulgado dos afectados pola obra; un sen sentido. A isto hai que engadirlle as palabras do propio Carlos Pazos que declarou, o pasado ano, que “os afectados terán que apechugar coas consecuencias negativas, non só os de San Esteban de Negros, senón tamén os das parroquias de Cesantes e Reboreda”.

O Partido Popular xa advertira da situación á que se chegou. Foi o 27 de agosto de 2008 cando os populares presentaron unha moción, finalmente rexeitada, na que se solicitaban a creación dunha comisión de seguimento das obras do AVE na parroquia de San Esteban de Negros coa finalidade de comprobar a súa evolución, vixiar que non existise ningunha modificación respecto do proxecto inicial e facer cumprir as medidas correctoras para garantir da protección de ruídos e vibracións en áreas habitadas.

Unha comisión que debería estar formada polo Alcalde ou concelleiro de Urbanismo, o concelleiro de Medio Ambiente, un concelleiro do Partido Popular, outro do Partido Galeguista, o arquitecto municipal ou aparellador, un representante de Fomento e outro en nome do conxunto dos afectados.

A moción non se levou a cabo e o que se constituíu foi unha comisión política e non técnica, feito que levou á situación actual, pois “sen a presenza do arquitecto ou aparellador nin tampouco dun representante de Fomento, que dese traslado dos estudos e informes obrigados a elaborar ó longo da execución das obras garantindo a seguridade e a boa evolución das mesmas, era evidente o que sucedería”, sinala Canal.

Cuadro de texto: REDONDELAComo sempre, “Xaime Rei e Carlos Pazos, considerados xa os dous alcaldes de Redondela, só velan polos seus propios intereses deixando de lado os dos veciños, os realmente afectados e sen ningún tipo de apoio por parte do Concello; trátase, unha vez máis, dun paripé deste bigoberno”, conclúe a voceira popular.

compártelo Tags: redondela

A Xunta ratifica a ilegalidade do plan urbanístico previsto en Pousadouro, xa denunciada polo PP

Posteado por: lauraalonso el 14 jul En: Política - sin comentarios

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ven de confirmar o xa denunciado polo Partido Popular de Redondela en novembro de 2004 respecto do convenio urbanístico previsto en Pousadoiro (na parroquia de Reboreda) para a construción de vivendas de protección oficial. Naquel entón, os populares votaron en contra deste plan, aprobado por PSOE e BNG, “detrás do cal se agochaba un claro pelotazo urbanístico”, asegura a presidenta do PP local Francisca Canal.

O Partido Popular acusa ao goberno local de cometer unha ilegalidade “ó cambiar ó seu parecer a catalogación do solo”. Os populares amosáronse en contra deste convenio pola súa tipoloxía, polo número de vivendas, así como porque non están preparados os accesos, e así o fixo constar Francisca Canal presentando un recurso potestativo de reposición en contra do acordo adoptado no pleno do 10 de novembro de 2009, solicitando a súa nulidade.

“O convenio non respeta os límites de sostibilidade establecidos na LOUGA e transforma o solo calificado como urbanizable non delimitado en solo urbanizable delimitado, co conseguinte aumento do índice de edificabilidade -de 0,43% a 0,66%-”, explica Canal. Unha cuestión que leva consigo a ampliación de número de pisos e vivendas, pasando de ser de dous andares (baixo e primeiro) a ser de catro (baixo, primeiro, segundo e terceiro) e de edificar 174 a 361 vivendas.

“Este cambio de catalogación só se podería facer a través do PXOM, plan que, por estes mesmos motivos, aínda non está aprobado no Concello de Redondela, ó que lle interesa seguir nesta situación”, subliña a voceira popular. A día de hoxe, a Xunta de Galicia ratifica o denunciado polo Partido Popular ó longo dos últimos anos obrigando ao goberno local a modificar este plan urbanístico. “Unha mostra máis, esta, da incompetencia e irresponsabilidade do Concello”, conclúe Canal.

compártelo Tags: redondela