LAURA ALONSO http://lauraalonso.lacoctelera.net El orden perfecto haría del mundo un cementerio es-es Fotografía política crítica redondela http://s3.amazonaws.com/lcp/lauraalonso/myfiles/16-1-09-765x65.JPG LAURA ALONSO http://lauraalonso.lacoctelera.net the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com Por Jessica! http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/11/06/por-jessica 2009-11-06T02:21:53+00:00 Carlos Veleiro

Inthecisos

Concejales de la corporacion de Vigo y la presentadora de la gala.

Freddy Krujer

Bambalina

Varios Concejales del PP de Redondela acudieron al evento

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/11/06/por-jessica#comentarios
Gala solidaria a favor de Jessica http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/11/05/gala-solidaria-favor-jessica 2009-11-05T11:01:40+00:00 Hoxe, a partires das 20:30h da tarde, no hotel-pazo Los Escudos de Vigo (Alcabre - estrada cara a Samil), haberá unha gala solidaria a favor da rapaza de Chapela, Jessica, na que participarán mais de 10 artistas de toda índole, altruistamente, para recadar fondos e lograr que entre todos poidamos facer que Jessica camine e fale.

O prezo por persoa son 10 euros, un prezo baixo a cambio de recuperar a fala e a movilidade.

Non faltes!

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/11/05/gala-solidaria-favor-jessica#comentarios
Acusada perda de papeis do Goberno Local http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/11/02/acusada-perda-papeis-do-goberno-local 2009-11-02T10:34:36+00:00

Nun Pleno totalmente esperpéntico, no que os insultos á Oposición xa comezan a ser unha tradición que se repite cada mes, tanto os voceiros do PSOE e BNG, coma o Alcalde, perderon por momentos os papeis no debate político que mantiveron por mor do pantalán de Cesantes e da suba de impostos e taxas que pretenden levar a cabo no Concello.

Paqui Canal propoñía unha enmenda ao escrito presentado polos mariñeiros na que dicía que Portos de Galicia, aínda sen ter responsabilidade sobre o pantalán (xa que é a Dirección Xeral de Costas do Estado a entidade que ten competencia sobre o mesmo), ofrecíase a reconstruilo, sempre e cando Costas do Estado lle dese por escrito a adscripción a esta zona costeira.

Non prosperou a enmenda, xa que sempre se buscan malas excusas cando se trata de aprobar proposicións dos populares que se consideran positivas e, claro, hai que entender que a xestión non foi deles. Debíanse sentir un pouco incompetentes por non ter feito iso eles e, por tanto, PSOE e BNG votaron en contra.

Logo diso dixo o goberno local: "Imos facer que a xuventude teña que pagar por utilizar instalacións públicas", e coa mesma... imposición de taxas polo uso do local de ensaio das antigas casas de mestres. Incrible...

Así que, entre berridos propios dos bárbaros, aos que ultimamente se asemellan algúns bastante, se aproba cos votos en contra do Partido Popular a impopular taxa.

Sempre que o Partido Socialista fai cousas no Concello que non teñen xustificación, entroques de intentar dala, adícanse a berrar e a rir coa cara roxa e enterrada entre as mans. Hai que ver o que fai a falla de argumentos para xustificar o inxustificable... está convertindo o salón de plenos nunha pista de circo.

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/11/02/acusada-perda-papeis-do-goberno-local#comentarios
Carta a Galiza Nova http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/10/22/carta-galiza-nova 2009-10-22T10:56:18+00:00

Ante a nota de prensa que Galiza Nova publica no Faro de Vigo no día de onte, véxome na obriga de respostar a tantas líneas de semellantes aberracións ditas pola organización nacionalista.

http://www.farodevigo.es/galicia/2009/10/21/juventudes-bloque---ven-venezuela-cuba-modelos-justicia-social/379152.html

¿Cuba e Venezuela exemplos de xustiza social e democracia? Permitídeme que o dubide. Sigue sendo moi fácil afogarse nun discurso que se di de esquerdas totalmente demogóxico e de palabrería fácil, mentres que os cubanos gañan o equivalente a 50 euros ao mes, non tendo nin para comer por mais tempo que unha semana. Ou os venezolanos ven cómo ese golpista que se di Presidente lles corta as súas libertades e lles quita o pouco que teñen en nome dunha revolución bolivariana que él se inventou para beneficio propio.

É moi fácil tildar de mal demo ao capitalismo mentres que nos beneficiamos das súas ventaxas e nos vestimos con roupa de marca, iso si, adornada cunha palestina para parecermos rebeldes e tal…Mal vamos se poñemos coma exemplos de liberdade e xustiza social ós países que actualmente teñen por gobernos as peores dictaduras que hai: aquelas que queren disfrazarse de democracias.

Meus queridos amigos de Galiza Nova, nun momento como dicides vós mesmos, difícil para todos, o que hai que facer é apoiar ao goberno galego para que Galicia poida saír desta crise xestionada nefastamente pola vosa esquerda do goberno central, ofrecer ideas, ofrecer axuda. O que non hai que facer é tensionar ás bases de ningún partido para que exerzan un papel de pseudo-guerrilleiros dunha loita que só é cousa das vosas mentes.

Vós só durastes 4 anos no goberno da Xunta. Agora vos toca aceptalo e asumir os resultados electorais, que parece que vos custa un pouco. Estar na oposición non significa estar contra o goberno, e ata que non entendades iso seguiredes na sombra por moitos anos.

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/10/22/carta-galiza-nova#comentarios
Complexo de Fidel http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/10/03/complexo-fidel 2009-10-03T13:24:07+00:00 O BNG sempre tan contradictorio. Cada día asómbranme mais, non só por esta cualidade de dicirse e descidirse, senón polo seu modus operandi.

Hoxe sae nos medios o responsable do BNG en Redondela, un tal Carlos González,  facendo unhas declaracións un tanto sorprendentes vindo de quen veñen. Aínda que iso de "responsable" é un tanto discutible, pois é vox populi que o verdadeiro responsable permenece agochado na sombra mentres que pon as súas palabras, as que verdadeiramente lle apetecía dicir o outro día no Pleno, en boca doutro.

O señor que se agocha, que todo o mundo coñece polo seu gran complexo de Fidel, di que se actúa con prepotencia e sectarismo no caso da Coral, e o ven dicir alguén que, carente de formación mais que a da propia experiencia, osa insultar sen control e co peito inflado, a outras pesoas nun foro que se supón é a máxima expresión local da democracia: O Pleno do Concello.

É curioso cómo as cousas se van poñendo no seu sitio, cómo o tempo pon a cada quen no seu lugar. Simplemente resulta noxento este xeito de entender a política que ten o BNG e o resto do goberno local, é dicir, oportunista e rastreira, que atacan a unha persoa no seu posto de traballo, e aínda pensarán que fan as cousas ben... qué pouco criterio e qué pouca ética política temos neste pobo...

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/10/03/complexo-fidel#comentarios
Axudemos a Jessica http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/09/27/axudemos-jessica 2009-09-27T15:47:54+00:00 http://www.vigosolidario.es/

Neste enlace atoparás toda a información relativa á campaña de axuda a Jessica, a rapaza redondelana que sufre unha parálisis cerebral dende o seu nacemento.

Xuntos podemos facer que recupere a movilidade e a fala mediante unha operación con células nai que lle practicarán en Alemania dentro de pouco tempo.

Hoxe por min e mañá por ti. Se queres colaborar podes facelo nos petos distribuidos en distintos puntos de Redondela e Chapela, ou mediante un donativo no Nº de conta de CAIXANOVA: 2080 0030 93 0000143840.

O grupo musical galego Los Limones e o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, xa o fixeron.

Gracias pola túa axuda!

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/09/27/axudemos-jessica#comentarios
A Carlos Pazos cabréalle que lle fagan control sobre a súa conducta inmoral http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/07/30/a-carlos-pazos-cabrealle-lle-fagan-control-sobre-sua 2009-07-30T02:40:42+00:00 O Concelleiro de Medio Ambiente agarrouse un bo cabreo no Pleno de onte cunha pregunta que unha servidora lle fixo sobre a clase de colaboración que prestou o Grupo Municipal do BNG á marcha ciclista que Galiza Nova organizou o pasado día 18.

Non acepta o señor demócrata que lle cuestionen as súas actividades, aínda cando preste unha colaboración nelas o seu grupo municipal (os 3 concelleiros) e non o seu Partido, o BNG, como sería o normal e lóxico.

Unha colaboración que aínda hoxe descoñezo, xa que se negou a dar unha explicación, índose polos Cerros de Úbeda e berrando como se así se fose a desviar a atención do feito de que non estaba respostando á pregunta.

Debe agochar algo gordo o señor Pazos se tanto problema ten en explicar cal foi exactamente a colaboración prestada nese acto do seu Partido que él converteu nalgo vinculado ao Concello sen estalo: unha nova manipulación das institucións públicas que él disfraza con berros e unha cor vermella na cara ás veces preocupante... a ver se lle vai subir demasiado a tensión...

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/07/30/a-carlos-pazos-cabrealle-lle-fagan-control-sobre-sua#comentarios
... non son mais que rabuñadas, home... http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/07/30/non-son-mais-rabunadas-home 2009-07-30T02:29:45+00:00

Invítovos s todos a entrar na páxina do jujel  e introducir a busca do termo "RABUÑADA"

http://www.jujel.es/

Veredes os calificativos que emprega o Concelleiro de vías e obras, Don Manuel Iglesias Carrera "Nolete" para referirse ás cuestións que atinxen á cidadanía e que él felizmente ignora porque as considera de pouca monta...

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/07/30/non-son-mais-rabunadas-home#comentarios
Novo uso partidista das institucións públicas por parte do BNG http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/07/24/novo-uso-partidista-das-institucions-publicas-parte-do-bng 2009-07-24T11:32:27+00:00

O BNG non deixa de sorprenderme, primeiro mandan unha carta que xa publicamos aquí fai un tempo, destiñada ás asociacións de veciños na que se lle pasaba un cuestionario, carta enviada polo Concello, pero na que se suliñaba a ideoloxía nacionalista da Concelleira Ángeles Babarro. Un claro uso partidista da institución de tódolos redondelanos e redondelanas, e non só dos que manifestan a mesma ideoloxía que o BNG:

Agora, novamente, atopamos unha nova violación do que debería ser o código do bo goberno, unha nova manipulación do Bloque Nacionalista, que, como vemos na fotografía, colaboran coa súa organización xuvenil, Galiza Nova, como Grupo Municipal. Gustaríame saber cal é a colaboración exactamente dos 3 Concelleiros que ten o Grupo Municipal. ¿Só colaboran 3 persoas con esta actividade? ¿Ou é que o BNG está tan desesperado por recuperar os votos que elección tras elección está perdendo en Redondela, que agora se adica a vincular sutilmente o seu papel no Concello coa súa actividade interna de partido?

Ver para creer...

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/07/24/novo-uso-partidista-das-institucions-publicas-parte-do-bng#comentarios
O PP de Redondela solicita a modificación do proxecto da rotonda de Rande http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/07/23/o-pp-redondela-solicita-modificacion-do-proxecto-da-rotonda 2009-07-23T00:28:02+00:00 O Partido Popular de Redondela presentará unha moción na vindeira sesión plenaria municipal co fin de solicitar ao Ministerio de Fomento a modificación do proxecto da toronda que se executa actualmente en Rande.

A iniciativa tómase a instancias dos veciños de Cabanas, que transmitiron a súa decepción ao comprobar que a obra non cumprirá cos obxectivos previstos. “No seu momento díxoselles que se lles garantiría un acceso seguro á N-552 e agora incúmprese a palabra dada”.

A polémica afecta ao Camiño das Pedriñas polo que máis dun cento de familias acceden ás súas vivendas. A falla de conexión deste viario coa rotonda obrígaos a realizar unha perigosa manobra de xiro, que era precisamente o que se pretendía evitar coa execución da obra. Non obstante, esta falla de conexión non se coñeceu ata que comezaron as tarefas, pois en ningún momento existiu exposición pública do proxecto ao considerarse inncesaria debido a que obra era evidente e precisa para garantir a seguridade viaria. “Creemos que unha pequena modificación do proxecto podería liquidar este problema e garantir a seguridade viaria na zona, na que se producen graves accidentes dende fai anos”.

A rotonda proxectouse despois de numerosas manifestacións veciñais pedindo unha solución á inseguridade viaria que sofre todo o barrio, prometéndolles tamén a regulación da circulación a través dun semáforo. O Partido Popular espera acadar o consenso necesario para levar adiante a súa proposta, pois considera que as promesas están para cumprirse e “o goberno municipal non pode nin debe esquecer a súa promesa de colaborar na solución deste problema que xa provocou varias mortes”.

]]>
http://lauraalonso.lacoctelera.net/post/2009/07/23/o-pp-redondela-solicita-modificacion-do-proxecto-da-rotonda#comentarios