I Convención das Noxas Xeracións de Galicia
el 1 oct En: Política - sin comentarios
Este fin de semana tivo lugar no concello de A Guarda a I
Convención de Novas Xeracións de Galicia. Unha xuntanza onde os xóvenes galegos
preocupados por arranxa-los problemas da nosa sociedade, tivemos ocasión de
aportar as ideas precisas para facelo. Unha xuntanza onde a convivencia e o
ocio tiveron un lugar de honra.
Tra-lo traballo nas diversas áreas de maior interese para a xuventude, como son
o medio ambiente, a vivenda, o traballo, a sanidade, as infraestructuras, etc,
elaboramos un dosier coas propostas máis interesantes, que foi entregado na
xornada de onte ao noso Presidente Rexional, Alberto Núñez Feijoo, para a súa
inclusión no programa electoral destas vindeiras eleccións xerais.
Os grupos nos que traballamos as áreas estiveron coordinados
polos Deputados responsables delas no Parlamento de Galicia.
A entrega do dossier realizouse na presenza, non só dos numerosos xóvenes que
participamos nesta Convención, senón que das personalidades que nos acompañaron
e deron o seu apoio: os catro Presidentes Provinciais (Louzán, Barreiro, Baltar e Juncal), o noso Secretario Xeral Alfonso Rueda, a Deputada Nacional Ana Pastor, e o primeiro
Presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor.
Desta Convención saimos reforzados como grupo e co
convencemento da importancia do papel que Noxas Xeracións está a ter no Partido
Popular, despois destas aportacións ilusionantes e esperanzadoras aos problemas
que nos afectan directamente na nosa sociedade.
Los comentarios están cerrados