Galescolas
Tras uns días facendo un obrigado seguimento da folga de
basura en Redondela, podemos xa abordar outros temas de igual ou maior importancia para os intereses de todos. Falemos das Galescolas. Cunha designación que nos recorda perigosamente ás Ikastolas vascas, onde é obvio o adoctrinamento que existe nelas, veñen para Galicia, da man de Anxo Quintana, unha réplica mal feita, onde se pretende que os nenos aprendan o himno galego
antes que a dicir mamá e papá.
O grave do asunto no é que o persoal seleccionado para
impartir as clases nelas sexa todo un nido de militantes do BNG, senón que o realmente grave, e o que máis me preocupa, é esta falla de liberdade que conleva este tema: o impedimento de que os galegos escollamos a educación que queremos para os nosos fillos. Eu esixo que se me dea a oportunidade de decidir se quero que os meus fillos, nun futuro, reciban un adoctrinamento ou unha
educación.
Os mesmos que antes reclamaban liberdade, son os que agora
nola rouban. Os mesmos que antes dicían que non se respetaban os dereitos da xente, son os que agora merman eses dereitos. Os mesmos que antes afirmaban que existía censura e manipulación, son os que agora máis censuran e máis manipulan.
A educación non se debe empregar coma un producto, a
educación non se debe poñer ó servizo dos intereses nacionalistas e acomplexados dunha minoría, duns perdedores que deciden as condicións do noso transitar pola vida. A educación non se vende ó mellor postor. A educación é un dereito, unha forma de crecer coma persoas e coma cidadáns libres. E polo tanto, está demáis este moldeamento de mentes, que honra a unha das coletillas da Vicepresidencia: Igualdade, si, pero sen pasarse.