Mañá xoves remata o prazo para presentar alegacións contra a ubicación da conserveira na nosa Ría. Unha empresa que, medioambientalmente non está no lugar idóneo, como todos sabemos.

Unha empresa que deselvolve a súa actividade nun espazo protexido pola REDE NATURA, emitindo cheiros que os veciños da zona levan sufrindo anos, e botando vertidos nunha Ría cada vez máis danada.

Nun mundo preocupado case exclusivamente polo desenrolo industrial, xa é hora de darlle un toque verde.