La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

20 Noviembre 2007

Día dos dereitos do neno

Hoxe celébrase o día internacional da infancia. Un día co se recorda que en pleno século XXI, aínda que pareza mintira, moitos nenos están vendo diariamente cómo os seus dereitos son vulnerados, mediante un trato indigno, forzados moitos deles a facer traballos cos que lles están roubando a infancia, mentres o mundo mira para outro lado. Aínda que pareza mintira, a moitos nenos négaselles uns dereitos tan básicos coma crecer nun ambiente de afecto, estar alimentados, e divertirse.

Deberiamos recordar neste día, cales son eses dereitos do neno e facer entre todos desta sociedade frenética e individualista, algo máis xusto.

  • Dereitos á supervivencia: que buscan protexer e garantir o dereito á vida e a satisfacer as súas necesidad máis básicas, coma o alimento, o abrigo e a protección da saúde.
  • Dereitos ó desenvolvemento: que buscan protexer e garantir o desenvolvemente pleno (físico, espiritual, moral e social), coma o dereito á educación, á cultura, ó xogo e á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
  • Dereitos á protección: que buscan protexer e garantir que non sexan obxecto de abusos, neglixencia e explotación, coma o dereito ó nome (identidade), nacionalidade e coidado
  • Dereitos á participación: que buscan protexer e garantir a
    súa participación nas decisións que lles afectan e nas actividades das
    súas comunidades locais e países, coma a liberdade de expresión.
  • Dereitos a ser escoitado: que buscan protexer e garantir o
    seu respecto polos demais. Por que se non escoitas a un neno, este
    tampouco escoitará ós demais (é para a súa educación).
Tags: celebracions

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera