Un Pleno accidentado
el 28 nov En: Política - sin comentarios
No Pleno que se celebrou esta tarde, non puidemos máis que lamentar as continuas interrupcións ás que nos vemos sometidos os membros do Partido Popular, coma sempre nos vemos, as continuas fallas de respeto ás que xa nos teñen acostumados os membros do goberno local, as risotadas do señor voceiro do BNG, Carlos Pazos, o cal logo reclama educación para a súa persona (debería saber que para que respeten a un, primeiro hai que aprender a respetar ós demais), etc, etc.
Despois de que os Concelleiros do PG abandonaran o Pleno polo paso do tempo sen obter un local no Concello, aprobouse cos votos en contra do PP un crédito a longo prazo de nada menos que 600.000 €, un crédito que sería innecesario se a xestión fose a axeitada, que non é o caso.
Cando lle tocou o turno ás mocións, rogos e preguntas, o nerviosismo do bipartito era tan patente, que non tardaron moito en perder os papeis, berrando e falando por riba do Concelleiro do PP que tiña a palabra nese intre. Simplemente lamentable. O único que teñen ó seu favor, con moitos matices, é esa capacidade de insultar e burlarse dos demais gratuitamente, dun xeito totalmente reprobable e cun modais impropios nun salón Plenario, capacidade que, afortunadamente non ostentamos o resto dos Concelleiros.
Los comentarios están cerrados