Apróvanse ilegalidades
Onte no Pleno puidemos asistir a aprobación de tres recoñecementos extraxudiciais de gastos por un importe total de 809.292,66 €. Cos votos a favor do PSOE e do BNG, procedeuse á aprobación destes gastos, o cales o interventor do Concello repara.
Unha das razóns polas que se mostra en contra este funcionario é porque unha boa cantidade corresponde ás obras de peatonalización das rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubin, (as cales califica de ilegais, xa que existe únicamente un contrato verbal que non está dentro da legalidade, ), non está dispoñible nas arcas do Concello, non hai orzamento para elas.
Puidemos comprobar tamén a hipocresía do BNG co tema das Deputacións Provinciais, coa presentación dunha moción na que se atacaba a xestión e as inversións que realiza a Deputación nos Concellos calificándoa de partidista e despilfarradora. Vergoña debería darlles afirmar isto cando as Deputacións de Lugo e Coruña (gobernadas pola esquerda) duplicaron o número de persoal de confianza contratado e, como consecuencia, o gasto destinado ó mesmo. Antes de falar debería o señor Carlos Pazos, que non se entera moi ben de cómo ten que presidir un Pleno cando falta o Alcalde, informarse do estado real da cuestión. Cambiaría moito o conto.