Antidemocracia plenaria

Nova e tristemente temos que denunciar o comportamento antidemocrático nos Plenos do Alcalde de Redondela, Xaime Rey.
A este político apelido lle vai ó pelo, e é que no actual mandato, os Partidos da Oposición non tivemos apenas ocasións para facer gala da suposta liberdade de expresión que debe ter un político, que exerza de representante dos centos de votantes que depositaron a súa confianza nél. Cual Rey absolutista, o Alcalde coarta dita liberdade de expresión interrumpindo constantemente, burlándose e faltando ó respeto á Oposición, levantando a sesión cando lle interesa impedindo que se formulen as preguntas e rogos que se poden facer de pleno dereito, impedindo votar á Oposición aproveitando unha situación de confusión. É dicir, vulnerando o dereito de participación política amparado pola Ley.
Pero nada impide a este histórico personaxe levantarse do sillón e irse ríndose dos problemas que él mesmo, coa súa nefasta xestión, lle xerou ós cidadáns.
Esta é a situación antidemocrática que temos en Redondela, provocada mes a mes por un membro do mesmo partido que, interesadamente, di ondear a bandeira da liberdade e da democracia. A miña preguntas é: ¿Ónde está esa liberdade e esa democracia nos Plenos que él dirixe?