Está claro que cós socialistas no poder as cousas van de mal en peor.

Non contentos con impoñer o galego, primeiro nos colexios, nos institutos, e agora nas oposicións, van máis aló.

Non lles basta con que os mozos e mozas falen o galego-portugués que se ensina hoxe, senón que ademáis queren que o fagan sen facerse demasiadas preguntas e sen pensar moito, non vaia a ser que o fagan na súa contra.

Por este motivo, con ánimo de converter ós estudantes de hoxe en borregos e borregas fáciles de manexar e de convencer do que a eles lles interesa, reduciron unha hora á semana a única asignatura que che ensina a pensar e a non aceptar como único aquilo que nos presentan ante os ollos.

Lamentablemente, estase a devaluar esta asignatura levándoa á súa equiparación coa Educación para a Cidadanía, materia socialista e totalmente política que pretende imprimir dende pequenos a aversión ó PP nos rapaces.

Agardemos polo ben dos nenos, que os socialistas recapaciten e utilicen o cerebro para algo mais que para satanizar aquilo que non lles gusta, e reconsideren a importancia de impartir Filosofía ós rapaces.

Mais Filosofía e menos adoctrinamento político nas escolas, señores.