La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

8 Abril 2008

O Concello de Redondela abandeira o manifesto a favor da imposición da lingua galega

www.vigometropolitano.com

Esta iniciativa, proposta polo concello de Redondela, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a dirección da TVG, ten como principal obxectivo implicar os distintos concellos e comisións de festas populares “para conseguirmos, entre todos, que eses espazos de lecer reflictan e potencien a nosa cultura e lingua”.

O acordo ten como obxectivo acadar os seguintes puntos.

Toponimia. Uso correcto de parroquias, aldeas e lugares onde se realizan as celebracióons.

Corrección gramatical. Ter especial coidado no uso da normativa da Real Academia Galega.

Contratos. Redaccións dos distintos contratos (orquestras, bandas de musica) relacionados coa festividade en galego.

Actos relixiosos. Potenciar a realizacións dos distintos actos relixiosos en galego.

Publicidade. Realización dos distintos elementos anunciadores da festividade en galego.

Galeguización musical. Establecer unha porcentaxe do repertorio das orquestras nas versións de lingua galega.

Utilización de bandeira e himno. As comisións de festas porán especial atención en que a bandeira galego e o himno sexan utilizados correctamente, eliminando os usos indecorosos ou a desproporcionalidade.

Exaltación da entidade territorial. Exaltación dos valores patrimoniais (materiais e inmateriais) para concienciar a poboación .

Aínda estamos a buscar mais recunchos da nosa cotidianeidade para impoñer á xente o idioma no que ten que escribir, conversar, ou da-la misa.

De seguro que se o Concello de Redondela se adicase a gobernar e a solventa-los problemas da xente, lle estariamos todos mais agradecidos.

Paréceme que estamos a perde-lo norte e que o que a uns lles parece potenciar e fomentar, a outros nos parece impoñer polas bravas. Eu, dende logo, seguirei expresándome na lingua que me dea a gaña no espazo e no tempo que considere oportuno. É o mínimo que se pode pedir á liberdade de expresión, que para iso temos dúas linguas oficiais para escoller, e non só unha, como algúns queren que sexa.

Tags: politica

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera