La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

9 Abril 2008

ZP promete revisa-la lei electoral...agora

Na segunda sesión do debate de investidura de Zapatero, tocoulle intervir a Rosa Díez (Ex- militante socialista), que só recibiu un acta de Deputada no Congreso a pesares de ter mais votos no país que o PNV.

Antes de manifesta-la súa intención de votar contra a investidura do que foi compañeiro de Partido seu coma Presidente do Goberno, criticou as deficiencias da actual lei electoral pola que se rixe España.

Na súa réplica, Zapatero puxo sobre a mesa a posibilidade de constituir unha ponencia para a evaluación da lei electoral. Sen embargo, non falou de cambios explícitamente porque, segundo él, debemos respetar o consenso unánime polo que se estableceu dita lei na transición (que lle beneficia).

Qué extrano me resulta que defenda tanto un consenso unánime e que rache polas boas con outros, coma o acordo da transición de non abrir nunca mais as vellas feridas que ocasionou a guerra civil e toda a etapa da dictadura (que non lle beneficia). Por iso, como ZP respeta moito os pactos acadados na transición, correu a facer unha lei da Memoria Histórica, que volve a enfrontar a media España coa outra media. Pero isto non lle preocupa, xa que lle saca moito partido ó asunto.

Así é o noso Presidente do Goberno. Qué triste.

Xa veremos qué sae desa ponencia, aínda que probablemente só saia papel mollado, coma todo o que fai.

Tags: politica

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera