O Goberno local, na súa liña de evitar público nos Plenos incómodos, acordou celebrar o Pleno extraordinario solicitado polo PP ás 9:30h da mañá do próximo martes día 29.

En dita sesión debaterase sobre a conexión da Autovía A-57 no seu paso por Redondela, e tamén dos recheos na zona de Rande e Punta Chapelisa.

Ámbolos dous temas teñen á sociedade redondelana moi sensibilizada, debido ó pasotismo con respecto ás protestas veciñais e ó posicionamento que os Goberno Local está a tomar neles.

É de extraodinaria importancia a máxima asistencia a esta sesión por parte dos veciños, coa que demostraremos que o Alcalde está trabucado cando sostén que Redondela está moi contenta coa xestión que se está a facer nestas dúas cuestións que afectarán moi marcadamente á vida cotía dos redondelanos e redondelanas.