Mañá, 23 de Abril, Día do Libro, podemos sentirnos orgullosos de que o noso país, España, ademais de ser o pioneiro en celebrar este día, tamén fose o responsable de extender esta tradición a outros países ata lograr que en 1995 a Unesco instaurase formalmente este día como o Día Mundial do Libro.

A celebración de este día, que coincide co aniversario da morte de tres grandes autores, como eran, Cervantes, Shakeaspeare e Garcilaso De la Vega, é unha gran ocasión para que milleiros de persoas en todo o mundo, honren ó libro, instrumento de expresión, educación, comunicación e cultura.

A sociedade actual ten a responsabilidade de preservar e promover o libro a través do fomento da lectura.
Por iso, desde Novas Xeracións da provincia de Pontevedra, queremos tomar parte de esa responsabilidade que nos incumbe a todos, porque un libro segue sendo un medio insustituible de información, reflexión crítica e ensinanza.
A través da campaña de fomento da lectura que poñemos en marcha NN.XX de Pontevedra, queremos concienciar á sociedade, especialmente á xuventude, da importancia que ten leer e inculcarlles o pracer da lectura ós máis novos, porque un libro ten a cualidade de descubrirlle ó lector novas inquedanzas, novos coñecementos, ademáis de ser a nave perfecta para viaxar polo mundo da imaxinación.

Como dixo Miguel de Cervantes: “o que lee moito e anda moito, ve moito e sabe moito”.