O Goberno do NON
el 30 abr En: Política - sin comentarios
O goberno local de Redondela non cambiará o seu posicionamento respecto ao ramal de conexión da futura A-57 con Peinador, mailas reiteradas peticións dos veciños afectados, e das protestas que esta decisión está a suscitar.
Así o manifestaron onte no pleno extraordinario solicitado polo PP, onde, cos votos en contra do bipartito, botaron por terra a proposta da alternativa 11, que afecta sensiblemente ó noso municipio, pero non atravesa 3 parroquias condenándoas a non poder desenrolarse en ningunha dirección, e tirando as vivendas dos veciños.
O acordo de defender a alternativa 5, foi tomada en Xunta de Goberno polo PSOE e o BNG, sen contar coas demais forzas políticas nin cos representantes dos vecilños. Un acordo prácticamente tomado ás agachadas, coma sempre.
Tanto os veciños afectados por este ramal, coma os veciños representantes da Plataforma pola Defensa da Ensenada de San Simón, solicitaron intervir neste Pleno, petición que lles foi denegada por parte do Alcalde, que lles impediu facer uso dunha institución que é de todos. Deste xeito, a falla de democracia neste Concello quedou de novo á vista, o cal estase a convertir tristemente nunha nota dominante do Goberno de Redondela.
Los comentarios están cerrados