www.vigometropolitano.com

A portavoz do grupo popular en Redondela, Francisca Canal realizou unha visita a praia de Cesantes o longo de esta semana, e constatou "o mal estado en que se atopan, do que se veñen queixando mariscadores e veciños da zona". Os populares realizaron múltiples queixas, debido o precario estado dalgúns elementos presentes no areal de Cesantes, nun comunicado de prensa.

O grupo popular asegura que nesta praia a situación é "especialmente preocupante porque son moitos os perigos e desperfectos que concentra". Segundo a propia Canal o areal está cheo de "algas e basura inundan a area a estas alturas da primavera, cando o Concello debería de ter limpia a praia dende Semana Santa, que é cando empezan a chegar os primeiros turistas”.

Outra das deficiencias postas de manifesto polos populares de Redondela é a contaminación "porque no areal desemboca un tubo de desaugue que procede dun camping ubicado nas inmediacións" de forma que "as augas fecais dos campistas chegan durante o verán directamente á beira do mar".

Por último, o grupo encabezado por Canal puxo de manifesto "o mal estado do pantalán ubicado na punta da praia", xa que segundo os populares "o desgaste dos pilares que o sustentan e a deficiente suxección dos pasamáns entraña un grave perigo para os numerosos nenos que durante a temporada estival xogan nesta estructura de madeira", o que alarma a veciños e mariscadores “por medo a unha desgracia” apuntan os populares.