O 19 de agosto de 1982, no seu periódico de sesións de emerxencia sobre a cuestión de Palestina, a Asamblea Xeral, consternada polo gran número de nenos palestinos e libaneses inocentes víctimas dos actos de agresión de Israel, decidiu conmemorar o 4 de Xuño de cada ano o Día Internacional dos Nenos Victimas Inocentes da Agresión (resolución ES- 7/8)
Novas Xeracións de Pontevedra con este motivo quere manifestar que a día de hoxe son miles e miles os nenos que día a día no mundo seguen sufrindo agresións e véndose obrigados a ir ás guerras, as cales deixan milleiros de mortos.
Pola contra debemos salientar os diferentes tipos de maltratos que sufre un menor no fogar, físicos e psicolóxicos, polo sentimento de superiodade dos maiores con respecto ós máis pequenos. Existen moitas maneiras de maltratar a un neno dentro do fogar, non só físicamente, senón tamén coa falla de atención, que é o maltrato psicolóxico ó que máis a miúdo se somete ós nenos.
Hai que destacar por outra banda que non só se exerce violencia dende os adultos cara ós nenos, senón que tamén se exercen maltratos físicos e psicóloxicos de maneira horizontal: nas aulas durante estes últimos anos o aumento de violencia entre os propios nenos e adolescentes cara ós seus iguais é unha nota significativa.
Dende Novas Xeracións pensamos que este tipo de maltratos son necesarios palialos dende que éstes se inician, por parte da sociedade e das autoridades educativas, sendo máis severos na redacción das leis. Debemos defender ós nenos das diferentes agresións das que son víctimas e prestar especial atención a este colectivo.
Los comentarios están cerrados