Aínda poñería máis Zetas se houbera a posibilidade de facelo, xa que esta asignatura, problemática dende o seu desafortunado nacemento, non é máis que un intento de deixar a impronta de ZP nas mentes dos rapaces.

O próximo curso comeza a impartirse na ESO e mais no Bacharelato, deixando aberta unha porta aos profesores para influir na formación moral dos seus alumnos.

Eu pensaba que esa parte da educación había que atendela no núcleo familiar, de modo que o Estado non tiña influencia algunha sobra a formación en valores dos individuos, pero xa vexo que a cousa está mudando cos socialistas. Agora o importante non vai ser darlle oportunidades aos cidadáns, senón darlle oportunidades ao Estado para manipulalos.

Agardemos que estes pais que se opoñen a que os seus fillos acudan a dita asignatura, teñan éxito coa iniciativa da obxeción de conciencia e se sumen moitos máis.