A pasada noite viguesa encheuse de maxia. Unha maxia que se encargou de traer Bob Dylan á cidade olívica.

Cun estilo moi marcadamente personal, o estadounidense namorou a tódolos que puideron disfrutar das dúas horas que durou o concerto.

A música fixo de amalgama que une a distintas xeracións nun só sentimento, xuntando camisetas negras e pelos canos nun mesmo recinto, agardando coa mesma ilusión a aparición dos músicos no escenario e o comezo do espectáculo.

Sen dúbida, pagou a pena velo.