O Partido Popular sae reforzado cun galego coma Presidente Nacional
O pasado fin de semana o Partido Popular celebrou o seu XVI Congreso Nacional na cidade de Valencia, onde, presidido pola Alcaldesa Rita Barberá, se formou a nova directiva, na que Galicia ten un papel destacado, coa incorporación de Alfonso Rueda, Corina Porro, José Manuel Barreiro, Alberto Núñez Feijoo, Ana Pastor e Francisco Millán Mon.
