Nuha zona de Rande estase a producir a "acumulación de residuos domésticos no lugar no que hai case un mes existía un contenedor de lixo de 2.400 litros que se recollía cun moderno camión de caga lateral. Parece ser que o contenedor que existía a carón do trasformador de Fenosa situado na N-552 enfrente da entrada acceso a Vierasa, restaba visibilidade, e polo tanto inseguridade vial, aos veciños do Bº de Rande que accedían en coche, dende o Camiño do Cristo, á N-552.

Así algúns veciños de Rande viñan movendo o contenedor meténdoo no interior do calexón que existe a carón do trasformador de Fenosa, imposibilitando que o camión de carga lateral do Servizo de Recollida do Lixo de Redondela puidera recollelo, pois os camións de carga lateral manipúlanse cun só operario, o conductor, que realiza o seu traballo dende o interior do camión, e un contenedor de lixo destas dimensións cargado de lixo é imposible movelo unha persoa sola, non puidendo colocalo nunha posición paralela ó camión, quedando polo tanto sen recoller.

Despois de que en varias ocasións Urbaser non puidera recoller o contenedor polos motivos expostos, é posible que Urbaser optara por retira-lo contenedor. Na N-552, a 50 metros do lugar, tanto en dirección a Redondela como en dirección a Vigo, existe cadanseu contenedor do lixo, pero algúns veciños e usuarios non están dispostos a levar os seus residuos domésticos tan lonxe, nin entenden ou están informados de por qué se retirou o contendedor, ou por qué non se deben mover da súa normal ubicación os contenedores, e así siguen depositando o lixo no mesmo lugar.

Algúns veciños solicitaron ó Concello a reposición dun contenedor de recollida de carga traseira de menores dimensións, de 800 litros de capacidade, como o que existía anteriormente á instauración da carga lateral no Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela (agosto 2.007)."

Agardemos que o Concello preste a atención debida a esta demanda, xa que con isto se solucionarían os impedimentos dos traballadores para recoller o lixo, e as incomodidades que ten o contenedor de maiores dimensións para os veciños da zona.