Redondela tamén celebrou o día de Galicia
el 24 jul En: Política - sin comentarios
Esta tarde tivo lugar ante a estatua de Castelao na Alameda de Redondela, o acto institucional polo día de Galicia.
Coma tódolos anos, a corporación reuniuse en torno a un galego ilustre como é Castelao, para facer a tradicional ofrenda floral polo 25 de xullo.
Cunha presencia máis que deficiente de concelleiros socialistas, o tenente Alcalde do BNG comezou a lectura do manifesto, acompañado da descarga de auga dalgunha nube anoxada cun discurso cansino e nazonalista, cheo de complexos de inferioridade e referencias a unha perda cultural e lingüística que só se produce nas mentes daqueles incapaces de respetar aos demáis.
Pasado o discurso acomplexado e rancio, comezou o grupo de gaitas a interpretar o himno galego, e finalmente o señor Pazos depositou as flores aos pés de Castelao.
Agardemos que o próximo ano o discursiño estea elaborado con mais tempo e inspiración...
Los comentarios están cerrados