San Esteban segue sen poder durmir
el 24 jul En: Política - sin comentarios
Os veciños de San Esteban de Negros seguen sen poder conciliar o sono debido aos ruidos producidos polas obras do AVE, nas cales se están a producir voladuras e traballos coas máquinas en plena noite, impedindo así aos habitantes da zona facer uso do seu dereito ao descanso.
Esta tarde, manifestaron as súas demandas, e impotencia ante a ignorancia do Goberno local, aos concelleiros do Partido Popular, que nos comprometemos a levar ao pleno unha proposta para sobrelevar da mellor forma posible esta situación tan desesperada para eles.

Los comentarios están cerrados