CANDO EU QUEIRA...E PUNTO!!!
el 31 jul En: Política - sin comentarios
Así de prepotente e descoñecedor do regulamento se mostrou o Alcalde de Redondela, Xaime Rei, ao suspender onte o Pleno ordinario por evitar debatir a moción do Partido Popular na que se solicitaba unha Comisión de seguimento das obras do AVE na parroquia de San Esteban, xa que os seus veciños levan tempo sufrindo as súas molestias.
O Alcalde aproveitou un momento de rebumbio dos asistentes ao Pleno para suspendelo ata as 9 da mañá do día de hoxe, non sabendo que estaba cometendo unha ilegalidade regulamentaria, pois precísase dunha nova convocatoria.
Custa creer que leve 30 anos ocupando a Presidencia do Pleno do Concello, e non coñeza aínda a normativa que o rixe, saíndo da súa boca frases como "¡¡¡O Pleno convócase cado eu queira e punto!!!".
Non entende aínda o señor Rei, que o Concello non é a súa casa, e que ese tipo de prepotencia e autoritarismo están demáis.

Los comentarios están cerrados