Os Partidos do Goberno local (PSOE e BNG) non teñen suficiente iniciativa (coma sempre), para buscar solucións que deixen satisfeitos aos veciños, polo que copian as ideas que achega a oposicón ao Concello aproiándose delas coma se nacesen das súas mentes...

Empregando piruetas circenses para que non se saiba que a idea é do PP, suspendendo o Pleno e convocándoo ao día seguinte ilegalmente, suspendéndoo de novo, e negándose a convocalo ata que él dictatorialmente decida... é como consigue asumir coma propias as iniciativas populares.

Polo menos, hai que estar agadecido de que recoñeza que son boas ideas e de que as leve adiante, aínda que sexa desta forma tan pouco ética... merece unha medalla o señor Alcalde.