O PP de Redondela interpela á adhesión do Concello a axencia de Protección da Legalidade
www.vigometropolitano.com
"Sendo incuestionable a incapacidade amosada polo Concello de Redondela de velar polo cumplimento da función social do solo, protexer a ordeación territorial e poñer fin ás tensións especulativas, a adhesión á Axencia de Protección á Legalidade Urbanística configúrase coma o mecanismo para lograr o cumprimento destas cuestións residenciándoas nun ente de maior imparcialidade" aseguran os populares redondeláns.
"É por elo que o Partido Popular de Redondela", continúan as súas dclaracións ó respecto, "apoia o inicio das actuacións precisas para posibilitar dita adhesión. Neste senso, compróbase a alta sensibilidade do termo municipal ás cuestións urbanísticas dada a multitude de déficits que presenta e a incapacidade do equipo de goberno para dar cumprimiento ós obxectivos fixados nas NNSSMM vixentes dende 1987, como mostra a existencia de edificacións insuficientes ou inapropiadas, áreas marxinadas, destrucción do patrimonio arquitectónico tradizoal, falla de espazos libres e dotacións, servizos urbanísticos incompletos e usos inadecuados en relación ás clases de solo".
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ten por finalidade velar pola utilización racional do solo e a adecuada ordeación do territorio, con especial atención ó medio rural e á zona de servidume de protección do dominio marítimo terrestre. Trátase dun ente de natureza consorcial e plena autonomía para o cumprimiento das súas funcións, articulado para o desenrolo en común pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e os municipios que voluntariamente se integren nela, das funcións de inspección urbanística.Pola súa parte, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística encargaríase, segundo o PP redondelán, de velar pola orde urbanística, tendo solicitado 31 municipios galegos a súa adhesión á mesma, antes da súa creación, en garantía dunha maior imparcialidade destas labores. Sendo a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística voluntaria para os concellos, segundo os seus estatutos publicados o 16 de Nadal no DOGA –que foron sometidos á audiencia dos concellos e ratificados pola Comisión de Cooperación Local-, a súa incorporación se realizarase a través dun convenio de adhesión previamente aprobado polo correspondente Pleno da Corporación e polo Consello da Xunta.
Segundo informaron os membros do Grupo Popular de Redondela, "o Plan de Inspección Urbanística aprobado en 2008 marca como obxectivos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, de carácter prioritario, protexer o litoral costeiro, preservar o solo rústico e os espazos reservados a zonas verdes e espazos libres públicos, asegurar a participación da comunidade nas plusvalías xeradas polo planeamento e contribuir a dar maior seguridade xurídica ós operadores urbanísticos na aplicación da lexislación urbanística".