![]() |
|
| Alberto Pazos, representante do PP de Redondela. | |
www.vigometropolitano.com
O concelleiro do Partido Popular redondelán, Alberto Pazos, insta ó equipo de goberno municipal a que participe activamente na reunión extraordinaria da Comisión de Pubs que el preside e que se celebrará próximamente no Concello, se non quere que o PP abandoe dita comisión.
Pazos quéixase da falla de colaboración dos dirixentes locais "que non ofreceron nin unha soa proposta para a reubicación dos pubs afectados nunha nova zona de ocio alternativa e que rechazan todas as presentadas polo colectivo afectado e polo Gupo Popular".
O edil popular manifestou tamén que a postura do seu partido é a de apoiar, como solución máis viable a este problema, a reubicación dos pubs na zona das antigas vivendas de maestros de Santa Marina, "xa que é unha das tres propostas que presentaron os propietarios dos negocios afectados e que se trata dunha zona de fácil acceso a pé dende o centro urbán de Redondela", declarou Pazos.

Los comentarios están cerrados