Tardaban moito os socios de goberno (PSOE-BNG) en vetar a entrada a tódolos veciños que desexan asisitir aos plenos.
Botáronlle imaxinación e seguramente fixeron cábalas durante o café de media mañá para decidir cómo impedirían a asistencia masiva de veciños que se viña producindo durante os últimos plenos celebrados, debido ao malestar da poboación polo mal que o están a facer.
Así que, despois de moito pensar e pensar, supuxeron que se enchían a sala de plenos de cadeiras, non se podería encher de xente. Así que, a imaxe que vemos é a que terá mañá a casa do pobo, ou a que se supón é a casa de todos. Aínda que ese "todos" se verá limitado a 34 persoas, que son as que caben... vaise superando cada mes a democracia que se respira aquí...
Los comentarios están cerrados