Os grandes pensadores...
el 27 ago En: Política - sin comentarios
ZP e mais Touriño deben pensar que os galegos non temos dous dedos de fronte. O Presidente do Goberno de España viu hoxe a Galicia a rirse novamente dos cidadáns desta Comunidade, prometendo inversións e inversións...nótase que as eleccións están moi preto, aínda que Touriño se negue a admitilo.
É evidente que o PSOE xa está en campaña electoral, e ademási de cheo. Tan de cheo que esquece os problemas reais das persoas que día a día teñen que soportar a mala xestión da crise na que estamos sumerxidos. Crise que pode ser a causante de que a esquerda perda as eleccións, e por iso hai que adiantalas urxentemente...
ZP di que viu supervisa-las obras do AVE. Mais de seguro que non se pasou pola parroquia redondelana de San Esteban de Negros, na que os veciños levan sen poder conciliar o sono semanas debido ás obras que ilegalmente se veñen facendo en horario nocturno. E que os socialistas teñen presa por rematar no 2012. Sería mellor para todos que admitisen que están botando un farol mal xogado e que esa data é unha utopía. Aínda que ao mellor é demasiada sinceridade para os que están acostumados a tomarlle o pelo ós cidadáns.
Los comentarios están cerrados