Estado policial...iso si, socialista
el 28 ago En: Política - sin comentarios
No Pleno de onte o nivel de falla de escrúpulos, educación e abuso de poder, chegou ao seu extremo mais dictatorial por parte do grupo de goberno local.
Cun despliegue policial sen precedentes no Concello de Redondela, con petición de DNI á entrada aos asistentes (34 como cupo máximo imposto polo Alcalde), chamou a atención que prácticamente había un policía por cada asistente ao Pleno, antidisturbios incluídos.
No transcurso da sesión, o Alcalde permitiuse unha nova acción fascista, botando fora do salón a unha persoa do público por silbar... simplemente patético. Non é sorprendente que o rexidor fose despedido a gritos de ¡FRANCO, FRANCO!.
Aprobación definitiva da modificación do Regulamento Municipal
Con ela se limitan as mocións, rogos e preguntas a 5 por grupo político. Isto quere dicir que o grupo municipal do PP, forza mais votada nas eleccións municipais e con 8 concelleiros, non terá dereito nin a formular unha pregunta por concelleiro. O PSOE se ampara para xustificar esta limitación da liberdade de expresión co Estado de Dereito, paréceme que está confundindo iso coa dictadura á que xa nos ten acostumados. Confunde tamén un cupo de preguntas e rogos con silenciar e pecha-la boca á oposición, que lles está a molestar demasiado coas propostas que está a trasladar ao Pleno. Di o Sr. Emilio Glez. que os rogos e preguntas teñen un límite, claro, para o PSOE sí que o ten, coma bos dictadores disfrazados de demócratas.
Moción do PP para a creación da Comisión de seguimento das obras do AVE
Neste punto volveuse ver o plumeiro á esquerda, que votou en contra, demasiado ocupada en agocha-la cachola ante Maleni e ZP para preocuparse polo benestar dos veciños de San Esteban, que non poden conciliar o sono dende hai varias semanas.polos ruidos ocasionados polas obras do AVE, en funcionamento os 7 días da semana as 24 horas do día, a pesares dunha resolución da Alcaldía na que se precisaba que se lles denegaba a autorización para traballar de noite.
Los comentarios están cerrados