Apertura do curso político 2008-2009
el 30 ago En: Política - sin comentarios
Esta mañá no Castelo de Soutomaior, tivo lugar o acto de apertura do curso político do Partido Popular, ao que asistiron numerosas persoalidades, dende a voceira do PP no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría, ata o Presidente fundador do PP, Manuel Fraga, o Presidente Autonómico, Alberto Núñez Feijoo e o Presidente Nacional, Mariano Rajoy.
Nas distintas intervencións, quedou patente a ilusión renovada que existe no Partido Popular, ilusión tanto no que atinxe á nova directiva xurdida no Congreso de Valencia, como á cada vez máis clara posibilidade de renovar a maioría absoluta en Galicia, para recuperar os catro anos perdidos cos socialistas e darlle a Galicia un maior protagonismo no panorama nacional.

Los comentarios están cerrados