La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

3 Octubre 2008

O BNG non pide a condena da violencia no Concello de Mos

É ben triste, pero tamén é certo que estamos nun sistema democrático que, aínda coas súas ventaxas, ten un serio inconvinte: permitir que dous perdedores se alíen para gobernar cando non lles correspondería facelo a eles.

Temos en Galicia unha chea de casos semellantes, comezando polo meu Concello (Redondela), onde os dous perdedores (PSOE- BNG) asinaron un acordo prácticamente económico, no que se lle otorgaba ao Voceiro do BNG unha adicación exclusiva de 47.000€ ao ano e ao Alcalde outra de 53.000€.

Quizáis o mais sangrante dos arredores é o caso de Mos, onde o Partido Popular quedou a 60 votos dunha mayoría absoluta que evitaría que este Municipio estivera agora gobernado por dúas persoas que están dando exemplo de calquera cousa menos de decencia e bo facer.

Con pelexas e desacreditacións entre eles día tras día, da vergoña ler no xornal a sección de Louriña dende hai moito tempo.

Pero quizáis o mais vergoñento é o que sae hoxe nunha nova cun titular que reza : "Ojea (BNG e tenente Alcalde) descarta pedir a Escudero (PSOE e Alcaldesa) que condene la agresión a Alonso (Concelleiro que dimitiu fai pouco do PSOE)". ¿Descarta? ¿Non se supón que un político ten que dar exemplo ante a cidadanía de comportamento cívico, e condenar toda clase de violencia e agresións, sobre todo se se producen nunha Institución pública?

Ao mellor é que os integrantes do BNG non teñen moi claro este principio ético de condena á violencia, e non teñen tampouco moi claro o seu papel no Concello. Como xa condenaron a agresión como partido, descartan condenala como Institución, total... non vaia a ser que se cabree a Alcaldesa que é quen lle da os cartos con ese pacto de perdedores.

Primeiro os euriños, e logo a dignidade: Así actúa o BNG.




Tags: politica

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera