¿Mais de 28.000 galegos reciben actualmente axudas da lei de Dependencia?
Segundo a Voz de Galicia, a nosa Comunidade conta con 28.492 beneficiarios de axudas en base da denominada lei de Dependencia, que entrou en vigor no 2007.
Non sei por qué cústame moito crelo, xa que a día de hoxe, non coñezo a ninguén que estea a recibir un céntimo desas axudas,é mais, hai casos sangrantes de persoas cunha discapacidade superior ao 80%, que non recibiron nin unha sola axuda económica desa que tanto anuncian a bombo e platillo.
É curioso que estean a facer tanta propaganda deste tema, porque moita propaganda, pero pouca dotación económica para que os galegos teñan unha vida digna, tanto coidadores coma coidados.
É ben triste que Quintana alardee tanto dos Servizos Sociais que él dirixe, que se encha tanto a boca con ese Consorcio do Benestar que creou para colocar a tódolos seus amiguiños de Nunca Mais entre outros. Outro chiringuito que pagamos tódolos galegos para que os militantes do BNG teñan traballo a costa dos nosos impostos. Se gastara tanto en axudar aos dependentes como gasta en pagar soldos aos seus amigos, as cousas serían distintas, pero ao BNG o que lle interesa é facer as cacicadas que antes criticaban doutros.