O Partido Popular de Redondela solicita modificacións no parque empresarial de Arrufana
el 23 oct En: Política - sin comentarios
www.vigometropolitano.com
O grupo municipal do Partido Popular de Redondela, a través da concelleira, Lorena López, presentoulle á Consellería de Vivenda e Solo unha serie de alegacións ó Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de Arrufana, situada nos concellos de Redondela e Mos. O PP móstrase a favor desta infraestructura, aínda que considera que as empresas de Redondela deberían ter prioridade a hora de instalarse no novo parque empresarial. O populares consideran que a opción 11 da autovía de Conexión da A-57 con Peinador é a infraestructura que mellor serviría de saída a este parque empresarial, ademáis de considerar que o parque debe construirse con certos criterios mediambientais.

A primeira das alegacións elaboradas por López establece a "necesidade de chan apto para o asentamento empresarial e a prioridade de implantación das empresas do Concello de Redondela no polígono", de xeito que "quede garantido o acceso ao mesmo das empresas emprazadas no municipio". Neste senso, os populares aseguran que "a ordeación e racionalización dos asentamentos industriais en Redondela debe realizarse sen demora e en coherencia coas condicións demográficas e socioeconómicas actuais, de modo que está claro que debe contemplarse a prioridade da implantación das empresas ubicadas en territorio redondelán no futuro parque empresarial de Arrufana".
Na segunda alegación a edil do PP reclama "un acceso ó parque empresarial dende a futura autovía de conexión A-57 coa rede arterial de Vigo, sendo a máis idónea a alternativa 11 contida no estudo informativo elaborado para a citada conexión". Por contra, os populares redondeláns aseguran que "o sistema de conexión plantexado no Proxecto Sectorial carece dun estudo serio de mobilidade e non aporta unha solución adecuada ó tráfico que xerará o parque empresarial" e sinalan que "a conexión do citado parque solventaríase con maior éxito mediante a selección do trazado proposto pola alternativa 11 contemplada no estudo informativo para a conexión da futura A-57 coa rede arterial de Vigo". O Ministerio de Fomento seleccionou a alternativa 5 desta infraestructura como a máis idónea.
A terceira e última alegación esixe "a conformación dunha rede de espazos libres e un compromiso de respecto e protección ó medio ambiente". Segundo os populares "é necesario que a ordeación se dirixa dende a sostibilidade, respectando o medio natural e favorecendo a creación dun ámbito de calidade capaz de atraer poboación e actividades que buscan emprazamentos excepcionais". Tamén insisten en que "é preciso que se asegure a conservación do medio natural, considerando que o ámbito encuádrase dentro da cunca do río Louro". O PP de Redondela conclúe esta terceira alegación establecendo que "deben adoitarse as medidas necesarias para minimizar a afección dos novos usos sobor do medio e dos recursos, así coma, priorizar o deseño de espazos libres e de interacción coa naturaleza, coa cultura e coas persoas que sean accesibles e de calidade, favorecendo unha paisaxe urbana industrial de calidade que integre as novas actuacións no entorno no que se asentan".
Los comentarios están cerrados