A cúpula de Barceló posta en entredito
Barceló foi o encargado de pintar a cúpula da Sala XX do Palacio das Nacións de Ginebra, obra que o artista balear non ve mais que envolta na polémica. Polémica que ven do altísimo custe da mesma, que ascende a 20,35 millóns de euros.
Pero o que levantou mais ampoias, e de xeito totalmente xustificado, foi o feito de que unha parte dese custe saiu directamente do Fondo de Axuda para o Desenrolo (FAD). Isto xustificouse co argumento (ao meu xuizo bastante pobre) de que esta cúpula da ONU contribúe na loita polos dereitos humanos. Gustaríame saber en qué medida e cómo exactamente, unha cúpula dunha sala da ONU pintada espectacularmente, vai facer algo en pos dos dereitos humanos.
¿Non sería mais productivo e beneficioso para as persoas que ven mermados os seus dereitos mais básicos día a día, que se invertise ese diñeiro (500.000€) en programas destinados concretamente neles? ¿Non é mellor facer unha inversión intelixente nas persoas e non nunha cúpula que, probablemente, nin sequera van poder ver unha vez na súa vida?
