PSOE e BNG néganse a rexeitar a violencia machista no Pleno de Redondela
el 28 nov En: Política Muller - sin comentarios
O Pleno do mércores comezou co tradicional minuto de silencio en memoria das víctimas da violencia de xénero que mes tras mes se garda antes de comezar cada sesión plenaria.
Sorprendentemente, as bancadas onde se sitúan os concelleiros do PSOE e do BNG, viron as mans alzadas votando en contra dunha moción levada polo Grupo Popular na que se solicitaban mais medios para loitar contra a violencia machista, a creación de mais xulgados especializados, a eliminación das ventaxas penitenciarias aos maltratadores, etc, moción que contiña en ningures algunha crítica destructiva, que pretendía unificar posturas de tódolos grupos políticos e que tiña como finalidade tender unha ponte de acercamento entre todos para, de xeito unánime, coma se pensou sempre que sería, lanzar un novo grito de rexeitamento da violencia de xénero.
O Partido Popular atopuse coa falla de vontade política dos grupos do Goberno local, e non só iso, senón que se atopou cuns voceiros que nin se molestaron en plantexar enmendas, sinxelamente non quixeron que houbese entendemento, e, polo tanto, tivemos o seu voto en contra, aínda que non razoablemente, xa que votar contra algo que pide a non violencia sobre as mulleres pasa de ser irracional a ser inmoral.

Los comentarios están cerrados