Os fascistas que chaman fascistas aos demócratas
Qué pena ter que escribir sobre sucesos así. Qué lástima ter que reclamar unha e outra vez algo que parecía tan conquistado dende a transición, como é a liberdade de expresión, a liberdade de pensamento...
Onte, na Conferencia que Alberto Núñez Feijoo impartiu na Facultade de CC Políticas da USC, comprobamos que esa conquista ofrece resistencia, afortunadamente moi pequena, dalgúns individuos que, abanderando a razón universal dos seus plantexamentos (moi pobres en argumentos por outra banda), síntense co suficiente dereito de faltar ao respeto a todo o que manteña un pensamento diferente ao deles.
É triste que teña que adicar minutos deste día a condenar a violencia e a sinrazón dos que non admiten outra forma de entende-la vida.
Por sorte, a amplísima maioría daqueles que estabamos alí, dos centos de demócratas que exerciamos o noso dereito de escoitar a quen ten algo que dicir, libre, e respetuosamente, conseguimos que a liberdade prevalecese sobre o fascismo duns poucos que tentaban impoñer o seu criterio.
A ridiculez que debían sentir os 9 dictadores que viñan a boicotear o acto, debeu ser suficiente para que aos 20 minutos decidiran retirarse deixando ao descuberto o patetismo da situación que eles mesmos provocaran.
Afortunadamente, desta non saíron coa súa, e a forza da democracia da nosa sociedade e a decisión dos presentes de impedir que nos roubaran as nosas liberdades, saíron reforzadas.