La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

20 Enero 2009

Comezou a precampaña electoral!

Estes días son os primeiros da precampaña electoral. Con eles xa se andiveron os primeiros pasos nos Partidos de Galicia para captar os votos dos galegos.

O Partido Popular presentou unha páxina web innovadora que aglutina as redes sociais de internet e as principais páxinas para distribuir información a través da rede: youtube, blogguer, flickr, tuenti, facebook...

http://www.recargandogalicia.com

Sen dúbida un acerto que terá a súa proxección segura na xuventude.

En contrapartida, atopamos unha campaña do PSOE con cartelería de fondo negro, que non reflicte nada mais que o escurantismo e a opacidade que caracterizou ao Bipartito durante estes 4 anos de lexislatura, unha cor negra que agocha os intereses e o amiguismo que se cheirou na Xunta coa esquerda.

A negrura que simboliza a política pouco clara e pouco transparente que Touriño e Quintana levaron a cabo, unha transparencia que agora prometen, será porque ata o de agora non a houbo.

Galicia precisa dun Presidente, dun só Presidente, dun bo Presidente que saiba levar con eficiencia o timón deste barco á deriva que é a nosa Comunidade co Bipartito.

Galicia precisa dun cambio urxente que devolva a prosperidade que se perdeu, que permita camiñar de novo cara adiante o retroceso que supuxo unha lexilatura na que primou mais o protagonismo, a propaganda e o derroche que o sentido común.

servido por lauraalonso sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera