O señor Xaime Rei ten a perspectiva un tanto distorsionada do que acontece na vila que di gobernar, pero que en realidade non se molesta nin en visitar para coñecer o sentir dos veciños e veciñas.

Hoxe na prensa enche a boca dicindo que todo o mundo defende o ramal 5 da A-57, cousa que sabe moi ben que non é certa.

Dende o principio, tanto os veciños coma o PP defenderon a alternativa 11 que parte de Pazos de Borbén, e a defenderon como a mais curta, a de menor coste dada a época de crise económica na que estamos, a de menor impacto ambiental nos nosos montes, e sobre todo, a de menor prexuizo para os veciños de Redondela.

Ao señor Alcalde non lle deben importar as mais de 100 casas que a A-5 se leva por diante, e agora pretende meternos a todos no mesmo saco porque non lle convén deixar ver que se quedou só na defensa duha atrocidade como dúas autovías paralelas.

Recordámoslle a Xaime Rei que os que defendemos outra alternativa distinta á súa, somos a maioría, e non é que non representemos a ninguén como él sostén, senón que representamos á moita xente de Redondela que depositou o seu voto nas urnas para o Partido mais votado: o Partido Popular.

Aínda que nunca chegou o Alcalde a superar a humillación de ver cómo o PP superaba en votos ao seu partido, a realidade é que nós representamos a mais xente da que o seu partido representa, e tanto o feito de ter suspendido o Pleno á primeira de cambio como as afirmacións de hoxe do señor Rei, só demostran a súa falta de talante democrático, de pouco respeto ás institucións e a súa pretensión de tapar a boca á oposición.

Nós xa llo dixemos en mais dunha ocasión e o voltamos repetir, non o conseguirá, seguiremos facendo o noso traballo, o traballo que o pobo de Redondela confía en que fagamos. Sen excusa, sen tregua, sen actitudes dictatoriais como a súa... en definitiva, coas reglas do xogo democrático como guía.