La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

29 Mayo 2009

O Alcalde presume de xogar co diñeiro público de xeito partidista

http://www.vigometropolitano.com/news/170/ARTICLE/16671/2009-05-28.html

O Partido Popular de Redondela denuncia o trato preferente por parte do Alcalde a membros do Partido Socialista, “que reciben pagos de ata 150 euros de diñeiro público por desempeñar traballos para os que son designados a dedo”, sinala a concelleira e presidenta de Novas Xeracións Laura Alonso. Un criterio de selección recoñecido polo propio Xaime Rei na sesión plenaria celebrada este mércores, na cal os populares formularon unha pregunta sobre o cobro dun total de 900 euros cos que foron agraciados os dous maceiros que acompañaron ao Alcalde nas procesións de Semana Santa e do Cristo dos Navegantes.

Ámbolos dous maceiros, membros recentemente nomeados das Xuventudes Socialistas de Redondela, percibiron a cantidade de 150 euros por procesión, “o cal quere dicir que entre os dous embolsáronse a cantidade de 900 euros pagados cos impostos de tódolos redondeláns”, apunta Alonso.

O Partido Popular xa denunciara anteriormete este favoritismo e partidismo no Concello, que foi ratificado por Xaime Rei, quen ao ser preguntado polos criterios cos que se seleccionaban aos maceiros, dixo literalmente “o criterio é o dedo do Alcalde”. “Consideramos esta resposta”, asegura Alonso, “non só unha falla de respeto cara ás institucións públicas e un signo da prepotencia co que habitualmente trata aos veciños, senón tamén unha burla aos contribuíntes, que se reviste de gravidade ao tratarse de beneficiarios do seu propio partido”.

Por tal motivo, o PP local esixelle ó goberno do Concello de Redondela que “rectifique no seu proceder indigno e inmoral e estableza uns criterios determinados de selección para ocupar ditos postos de maceiros en vindeiras procesións, evitando así o despilfarro partidista ao que se ven sometendo ás arcas públicas”, conclúe a concelleira.

servido por lauraalonso 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Rubén

Rubén dijo

O pleno do mércores, foi inusual, ao convocarse para a mañá e non para tarde.tamén exsitiu polo menos retraso no comunicado no taboleiro de anuncios do Concello, así non puido asistir a veciñanza. A verdade é que o PSOE e BNG, fan o que sexa para evitar a participación d@s veciñ@s, pero ao posición PG ePP, tan pouco lles incomoda,oque evidencia o caracter democrático de toda a coorporación local. Eu votarei novamente NULO

4 Junio 2009 | 03:45 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera