La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

17 Junio 2009

O Concello presenta un proxecto para a Marisma sen contido concreto

Nun serán de calor, o Partido Socialista decide re-presentar o Proxecto da Marisma, atendendo ao pouco éxito que tivo a vez anterior.

O día préstase para ir á praia, pero algúns achegados e militantes do puño e da rosa deciden aproveitar a merendola que posteriormente brinda o Concello facendo bo uso das arcas públicas, a ver se así Redondela se anima mais a escoitar unha nova proposta valeira dun goberno que mingua á mesma velocidade que a transparencia dos ríos que din que queren rexenerar.

Nun intento deseperado por buscar un proxecto estrela que lles dea o vindeiro mandato na nosa vila, o Partido Socialista presenta onte toda unha declaración de intencións que non vai mai aló. Nos presupostos contemplan partidas aínda para o 2010 e 2011, ao tempo que o Alcalde, sen poñerse colorado, dinos que esta obra rematará en decembro do 2010.

Veremos cómo se desenrolan as cousas, e tratándose dun proxecto bo para Redondela, agardemos que efectivamente o cumpran, aínda que, co que vimos onte, dubido que así sexa...

Tags: redondela

servido por lauraalonso 6 comentarios compártelo

6 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Xan do Can

Xan do Can dijo

Ah! Pero houbo unha presentación anterior? Que trapalleiros. Non teñen vergoña. Canta comida tirada!!!! Este Concello é de tolos!!!!

16 Julio 2009 | 01:40 AM

liberdade

liberdade dijo

e cando foi a vez anterior),q morro lle votan os socialistas a papar de gratis,

4 Agosto 2009 | 02:40 AM

carrascala

carrascala dijo

pues parece q está ya empezado,no=???

20 Febrero 2010 | 12:08 AM

O gardacostas

O gardacostas dijo

Noraboa pola redacción deste asunto. Está claro que o obxetivos principal deste "proxecto", é que se visualice que en Redondela se fai obra, e se gastan fondos públicos. O menos importante é como se gastán eses fondos, ou se ese gasto repercute ou non na rexenaración da Marisma. De principio os suciolistos escomezan cortando tódalas árbores, entre elas as foráneas, coma as acacias negras, logo tamén seguen achanzando os recheos ilegais de cascallos na ribeira da marisma que disimularan con lagún muro de cantería, como fixeron no Lago dos Bébedos, na Portela. Estou seguro que o proxecto non inclue expropiacións, retirada de entullos e cascallos, participación cidadá, etc.

Por certo a cidadanía está moi escaldada e desorganzada, desmotivada de participar nalgo con estos trapalleiros, falsos democrátas. Nin poñendo pinchos iremos a inauguración

20 Febrero 2010 | 03:55 PM

carrascala

carrascala dijo

pois xa sabes non vaias,é voluntario.a rexenarcion é o principal obxetivo.xa q non se pode desterrar todo o aterrado.
pois esta quedando de maravilla,estase a facer un modelo de cidade para os cidadans non para os coches.

20 Febrero 2010 | 08:32 PM

O gardacostas

O gardacostas dijo

Si, si carrascala! Un "modelo de cidade", de cidade como Vigo, por exemplo. Tratase de facer un modelo de cidade na aldea. Un modelo de cidade sen contar cos cidadáns, o mellor modelo democrático que os partidos democrátcios coñecen. A democrácia é así. Un escribe unha carta gabandose do ben que fai tudu, do ben que o queren os veciños, . . . e logo, a última hora, pasallos aos responsables veciñais, que incluso son do seu signo político (logo de tantos anos, machacando ao movemento veciñal) e dilles "ou asinades o meu escritiño ou perdemos unha sobención europea, para que se remova a terra en Redondela e pareza que nos facemos algo". Explendido modelo de xestión e practica democrática, "participativa", . . . bloquerosuciolista!. O plan consiste en botar aos peóns por unha pasarela sobre o mar, (que veremos canto dura en pe, coma o pantalán do Antolín) , x aque polas rúas e beirarúas xa circulan e estacionan os coches. As rúas para os coches e as acacias, ata en pleno casco urbán, enriba das "humanizacións". Veña Jayoyo! Non me fagas rir! Só un estómago agradecido ou un pretendente a selo, pode defender a estes langrans!

22 Febrero 2010 | 03:41 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera