A Xunta ratifica a ilegalidade do plan urbanístico previsto en Pousadouro, xa denunciada polo PP
el 14 jul En: Política - sin comentarios
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ven de confirmar o xa denunciado polo Partido Popular de Redondela en novembro de 2004 respecto do convenio urbanístico previsto en Pousadoiro (na parroquia de Reboreda) para a construción de vivendas de protección oficial. Naquel entón, os populares votaron en contra deste plan, aprobado por PSOE e BNG, “detrás do cal se agochaba un claro pelotazo urbanístico”, asegura a presidenta do PP local Francisca Canal.
O Partido Popular acusa ao goberno local de cometer unha ilegalidade “ó cambiar ó seu parecer a catalogación do solo”. Os populares amosáronse en contra deste convenio pola súa tipoloxía, polo número de vivendas, así como porque non están preparados os accesos, e así o fixo constar Francisca Canal presentando un recurso potestativo de reposición en contra do acordo adoptado no pleno do 10 de novembro de 2009, solicitando a súa nulidade.
“O convenio non respeta os límites de sostibilidade establecidos na LOUGA e transforma o solo calificado como urbanizable non delimitado en solo urbanizable delimitado, co conseguinte aumento do índice de edificabilidade -de 0,43% a 0,66%-”, explica Canal. Unha cuestión que leva consigo a ampliación de número de pisos e vivendas, pasando de ser de dous andares (baixo e primeiro) a ser de catro (baixo, primeiro, segundo e terceiro) e de edificar 174 a 361 vivendas.
“Este cambio de catalogación só se podería facer a través do PXOM, plan que, por estes mesmos motivos, aínda non está aprobado no Concello de Redondela, ó que lle interesa seguir nesta situación”, subliña a voceira popular. A día de hoxe, a Xunta de Galicia ratifica o denunciado polo Partido Popular ó longo dos últimos anos obrigando ao goberno local a modificar este plan urbanístico. “Unha mostra máis, esta, da incompetencia e irresponsabilidade do Concello”, conclúe Canal.
Escribe un comentario