A Carlos Pazos cabréalle que lle fagan control sobre a súa conducta inmoral
el 30 jul En: Política - 1 comentario
O Concelleiro de Medio Ambiente agarrouse un bo cabreo no Pleno de onte cunha pregunta que unha servidora lle fixo sobre a clase de colaboración que prestou o Grupo Municipal do BNG á marcha ciclista que Galiza Nova organizou o pasado día 18.
Non acepta o señor demócrata que lle cuestionen as súas actividades, aínda cando preste unha colaboración nelas o seu grupo municipal (os 3 concelleiros) e non o seu Partido, o BNG, como sería o normal e lóxico.
Unha colaboración que aínda hoxe descoñezo, xa que se negou a dar unha explicación, índose polos Cerros de Úbeda e berrando como se así se fose a desviar a atención do feito de que non estaba respostando á pregunta.
Debe agochar algo gordo o señor Pazos se tanto problema ten en explicar cal foi exactamente a colaboración prestada nese acto do seu Partido que él converteu nalgo vinculado ao Concello sen estalo: unha nova manipulación das institucións públicas que él disfraza con berros e unha cor vermella na cara ás veces preocupante... a ver se lle vai subir demasiado a tensión...
Moi boa pregunta, e coma sempre, este concelleiro, vaise como acostuma, polos cerros de Úbeda. Como non nos concienciemos máis os veciños, non facemos nada.