Complexo de Fidel
el 3 oct En: Política - 1 comentario
O BNG sempre tan contradictorio. Cada día asómbranme mais, non só por esta cualidade de dicirse e descidirse, senón polo seu modus operandi.
Hoxe sae nos medios o responsable do BNG en Redondela, un tal Carlos González, facendo unhas declaracións un tanto sorprendentes vindo de quen veñen. Aínda que iso de "responsable" é un tanto discutible, pois é vox populi que o verdadeiro responsable permenece agochado na sombra mentres que pon as súas palabras, as que verdadeiramente lle apetecía dicir o outro día no Pleno, en boca doutro.
O señor que se agocha, que todo o mundo coñece polo seu gran complexo de Fidel, di que se actúa con prepotencia e sectarismo no caso da Coral, e o ven dicir alguén que, carente de formación mais que a da propia experiencia, osa insultar sen control e co peito inflado, a outras pesoas nun foro que se supón é a máxima expresión local da democracia: O Pleno do Concello.
É curioso cómo as cousas se van poñendo no seu sitio, cómo o tempo pon a cada quen no seu lugar. Simplemente resulta noxento este xeito de entender a política que ten o BNG e o resto do goberno local, é dicir, oportunista e rastreira, que atacan a unha persoa no seu posto de traballo, e aínda pensarán que fan as cousas ben... qué pouco criterio e qué pouca ética política temos neste pobo...
Claro!!! E o Sr. Antón, ese "traballador" que se lle asigna ao "Grupo Municipal do BNG", un posto de traballo, vinculado ao partido ao que pertence o Sr. Antón, o BNG, está desempeñando as funcións dun funcionario ou dun traballador do Concello, cando non o é, é un traballador do BNG, pagado polo Concello, ou sexa nós. E a min porque me ten que atender este señor, se está ahí porque é do BNG, e nón porque fora seleccionado da lista do paro, e en igualdade de condicións que o resto dos parados? Viva a ética do BNG e do PSOE de Redondela. Resulta que este traballador, atendete de xeito desigual, ao igual que os amos aos que serbe (Amos e Sres. do BNG), segundo a ideoloxía que teñas, e se non eres da súa condición, non tramita a túa demanda.
Resulta, tamén que o BNG (entre outros gobernantes) é coñecido en Redondela, polo ven que atende xa non aos seus cidadáns senón aos colectivos de máis de 20. É que en Redondela, nin sendo máis de 20 te fan caso! É que non fai falta ser máis de 20 para que atendan as demandas dun! Digo, eu! Estes do BNG teñen escusas para todo! Sempre din que atenden o 75 % dos escritos que van dirixidos ás súas áreas, que casualidade que sempre están os mesmos no 25 % que non respostan nunca.
E Galiza Boba que di de todo isto? Ah, ah, pero se Galiza Boba de Redondela é, Antón!!!. Este rapaz vale por 20! Menudo colectivo Galiza Boba de Redondela!