Carta a Galiza Nova
el 22 oct En: Política - sin comentarios
Ante a nota de prensa que Galiza Nova publica no Faro de Vigo no día de onte, véxome na obriga de respostar a tantas líneas de semellantes aberracións ditas pola organización nacionalista.
¿Cuba e Venezuela exemplos de xustiza social e democracia? Permitídeme que o dubide. Sigue sendo moi fácil afogarse nun discurso que se di de esquerdas totalmente demogóxico e de palabrería fácil, mentres que os cubanos gañan o equivalente a 50 euros ao mes, non tendo nin para comer por mais tempo que unha semana. Ou os venezolanos ven cómo ese golpista que se di Presidente lles corta as súas libertades e lles quita o pouco que teñen en nome dunha revolución bolivariana que él se inventou para beneficio propio.
É moi fácil tildar de mal demo ao capitalismo mentres que nos beneficiamos das súas ventaxas e nos vestimos con roupa de marca, iso si, adornada cunha palestina para parecermos rebeldes e tal…Mal vamos se poñemos coma exemplos de liberdade e xustiza social ós países que actualmente teñen por gobernos as peores dictaduras que hai: aquelas que queren disfrazarse de democracias.
Meus queridos amigos de Galiza Nova, nun momento como dicides vós mesmos, difícil para todos, o que hai que facer é apoiar ao goberno galego para que Galicia poida saír desta crise xestionada nefastamente pola vosa esquerda do goberno central, ofrecer ideas, ofrecer axuda. O que non hai que facer é tensionar ás bases de ningún partido para que exerzan un papel de pseudo-guerrilleiros dunha loita que só é cousa das vosas mentes.
Vós só durastes 4 anos no goberno da Xunta. Agora vos toca aceptalo e asumir os resultados electorais, que parece que vos custa un pouco. Estar na oposición non significa estar contra o goberno, e ata que non entendades iso seguiredes na sombra por moitos anos.
!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->![endif]-->![endif]-->
Escribe un comentario