La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

3 Enero 2010

E o festexo da caída do Muro de Berlín seguirá esquecido...

Esquecido coma o paseo marítimo que ían facer... esquecido coma o Spa que nunca ve a luz... esquecido coma o mercado de gando... esquecido coma os veciños de San Estebo de Negros que non poden exerce-lo seu dereito ao descanso... esquecido coma leva esquecida Redondela durante 30 anos, tempo no que só se soubo facer beirarrúas e balaustradas de pedra na beira do río Alvedosa...

Mentres que o Concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera, só é capaz de copiar e roubar iniciativas do Partido Popular, facendo gala da súa limitación e inxenio, o voceiro do BNG, Carlos Pazos, osa dicir públicamente que as persoas que habitaban o lado leste de Berlín estaban encantados co muro que lles limitaba á liberdade... igual un repasiño á Historia non lle viña mal.

http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=464

Claro que, qué poderiamos agardar dunha persoa que defende Cuba e Venezuela coma modelos de política ideias? Semella que tanto idolatrar a Fidel fíxolle mal na súa mente e pensa que unha vida de miseria para o pobo e a total opulencia para o líder dese pobo é o normal nunha democracia. Igual en troques de ir de vacacións debería quedar alí a vivir uns meses, ao mellor entraba en razón.

De tódolos xeitos, alégrome de que, aínda que se rexeitara a moción do Partido Popular no Pleno que pedía, non só o traslado das pezas do Muro, senón tamén medidas de consevación e o festexo da súa caída anualmente, servira para que a partires de cando ao señor Reguera lle apeteza, os redondelán poidan disfrutar dunha parte da Historia que representa o triunfo da liberdade fronte á dictadura comunista que sufrían en Alemaña.

Alomenos logramos que o Goberno Local recordase que temos un patrimonio moi valioso historicamente, e se preocupe del. Algo é algo...

servido por lauraalonso 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Elena Francis

Elena Francis dijo

Hola, Laura, sigo tu blog desde la distancia, y estoy muy contenta de leerte, pués veo que mejoras con el tiempo, como los buenos vinos. Sigue así, ánimo y al toro, que llegarás tan lejos como te lo propongas.

12 Febrero 2010 | 12:37 PM

lauraalonso

lauraalonso dijo

Muchas gracias, querida amiga. Un abrazo!

12 Febrero 2010 | 02:49 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera