La Coctelera

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

25 Febrero 2010

Novo uso partidista das institucións públicas

De novo atopámonos con prácticas pouco éticas por parte do Goberno local, esta vez pola banda do Partido Socialista, que non dubida  en empapelar as portas do Concello con panfletos da súa organización xuvenil.

Deben pensar que son parte do seu mobiliario particular, ou deben ter moito parecido coa súa sede, que xa as confunden.

Ata onde eu sei, xamais as Novas Xeracións empregaron a institución do pobo como medio para acadar ningún fin, e mira por onde que as Xuventudes Socialistas abriron a veda, a pesares de que o señor Emilio González afirmara onte no Pleno, iso si, coa boca pequena, que non tiña constancia de ningún cartel político no Concello. Extrano, se temos en conta que dito cartel se atopa xunto ao salón de Plenos e se da con él nas narices tódolos días.

Pero non lle deben dar importancia a este uso partidista das institucións públicas, xa que están acostumados a tomarse a casa consistorial como a casa socialista e nacionalista.

A miña postura é clara, por moi bos que sexan os fines que se anuncian no cartel de marras, iso non xustifica que se empreguen medios pouco éticos, e dende logo, niso, estanse lucindo.

servido por lauraalonso 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Carneiro

Carneiro dijo

Nótase que por unha vez na historia o PSOE local, están contentos e orgullosos cunha dócil e afín, organización xuvenil. Estos son os efectos secundarios.

25 Febrero 2010 | 02:00 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de lauraalonso

EL ORDEN PERFECTO HARÍA DEL MUNDO UN CEMENTERIO

ver perfil »
contacto »
Hola lector/a!! Gracias por entrar no meu blog e compartir xuntos as inquedanzas que día a día xurden como froito das vivencias que temos. Agardo que este espazo sexa do teu agrado, e verte por aquí moitas mais veces!!!
Contador Gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera